Feiras
Participación en feiras como entidade coexpositora
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co fin de dar a posibilidade ás entidades da economía social a participar como coexpositoras nos postos institucionais en diversas feiras, terá a disposición dos interesados información actualizada neste apartado.
No marco das accións promocionais e de fomento da economía social, considérase fundamental a participación en certames feirais co fin de dar a coñecer e mellorar a comercialización dos seus produtos.
Feiras para as que se abre o prazo de participación 2024
Feiras |
Datas |
Recinto |
Lugar |
Cota de inscrición |
Culturgal |
do 29 de novembro ao 1 de decembro |
Pazo da Cultura |
Pontevedra |
0 € |
Forum Gastronómico |
do 23 ao 25 de marzo |
Expocoruña |
A Coruña |
300 € + IVE |
Salimat |
do 30 de maio ao 2 de xuño |
Feira Internacional de Galicia - Abanca |
Silleda |
100 € + IVE |
Xantar Ourense |
do 24 ao 27 de outubro |
Expourense |
Ourense |
0 € |
Criterios de valoración e forma de participación
Documentación necesaria
Como participar
Achegar a documentación anterior (modelo de declaración responsable e modelo de exposición de produtos) xunto coa solicitude PR004A a través da sede electrónica. Para información máis detallada sobre como participar ver o documento de criterios de valoración.