Renovación da demanda
A renovación da demanda é a forma existente de manter a demanda de servizos, é algo que se realiza nas oficinas de emprego de acordo a uns períodos de tempo concretos.
Cada vez que se renove a demanda emítese un documento coñecido como cartón de renovación(DARDE) no que se indican as seguintes datas para efectuar a renovación e continuar como demandante de servizos.
En caso de non renovar nos prazos fixados para iso procédese a dar de baixa ao demandante de servizos deixándolle de prestar os servizos nos que estivese dado de alta.
Para levar a cabo a renovación da demanda ben pode desprazarse á Oficina de Emprego correspondente ao seu código postal de residencia, ou ben, pode levala a cabo a través da web corporativa do Servizo Público de Emprego de Galicia (portal de emprego). Para poder realizalo, debe dispor dun usuario e contrasinal, que se proporcionará na súa oficina de emprego, ou dun certificado dixital.
Información a achegar na solicitude
- Documento Nacional de Identidade, Cartón de Identidade ou Pasaporte en vigor, se é español ou membro da Unión Europea (ou EEE).
- Autorización de residencia/traballo en vigor, se non é traballador comunitario.
- Cartón de renovación da demanda
Requisitos para demandar servizos
- Estar de alta como demandante de servizos no Servicio Público de Emprego de Galicia e Oficinas de Emprego.
- Estar dentro do período de renovación establecido no cartón de renovación.
Enlaces relacionados
Contactos relacionados
-
Atención ao demandanteTeléfono: 012