Certificación persoal para a manipulación de gases fluorados
As consellerías competentes para expedir estes certificados son a Consellería de Emprego e Igualdade e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- A Consellería de Consellería de Cultura, Educación e Universidade é o órgano competente para emitir as certificacións persoais que se obteñan como consecuencia dunha formación regrada.
- A Consellería de Emprego e Igualdade é o órgano competente para emitir as certificacións persoais que se obteñan como consecuencia dun certificado de profesionalidade ou dun programa formativo.
O anexo I do Real decreto 115/2017 recolle os oito tipos de certificados persoais que existen e as distintas vías das que dispoñemos para obtelos.
Os oito certificados persoais son os seguintes:
- Certificado acreditativo da competencia para a manipulación de equipos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Certificado acreditativo da competencia para a manipulación de equipos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a 3 kg de gases fluorados.
- Certificado acreditativo da competencia para a manipulación de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Certificado acreditativo da competencia para a manipulación de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de 3 kg de refrixerantes fluorados.
- Certificado acreditativo da competencia para a manipulación de sistemas frigoríficos que empreguen refrixerantes fluorados destinados a confort térmico de persoas instalados en vehículos.
- Certificado acreditativo da competencia para a manipulación de equipos de protección contra incendios que empreguen gases fluorados como axente extintor.
- Certificado acreditativo da competencia para a manipulación de disolventes que conteñan gases fluorados e equipos que os empregan.
- Certificado acreditativo da competencia para a manipulación de conmutadores eléctricos fixos que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro.
Ligazóns relacionadas
Documentos relacionados
- Requisitos para a obtención dos certificados acreditativos da competencia
Normativas relacionadas
- Regulamento (UE) nº 517/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 16 de abril de 2014 sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro y polo que se deroga o Regulamento (CE) Nº 842/2006
- Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os empregan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados. Texto consolidado
- Decreto 100/2011, do 19 de maio, polo que se regula a distribución de competencias en materia de expedición de certificados para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles
Contactos relacionados
-
Instituto Galego das CualificaciónsTeléfono: 981 546 840