-
Formación
- Busca de formación
- Bonos Talento Empresa
- Certificados de profesionalidade
- Cualificacións profesionais
- Competencias clave
-
Formación para o emprego
- Accións formativas para persoas traballadoras desempregadas (TR301K)
- Accións formativas dirixidas a persoas traballadoras ocupadas - Sistema de Formación Profesional (TR301X)
- Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas - especialidades catálogo SEPE (TR302A)
- Accións formativas con compromiso de contratación (TR301P)
- Accións formativas do Plan de formación no Xacobeo (TR303B)
- Acordo de colaboración
- Buscador de especialidades formativas
- Sistema de control de presenza (COBIPE)
- Docentes
- SIFO
- Homologación de Centros e Entidades de Formación para o Emprego na modalidade de teleformación
- Homologación de Centros e Entidades de Formación para o Emprego na modalidade presencial
- Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas
- Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego
- Rede de centros e entidades de formación para o emprego
- Formación de iniciativa privada
- Gases fluorados
- Módulos transversais
- Programas mixtos de formación e emprego
- Recoñecemento da experiencia profesional
Cualificacións
O Sistema de Cualificacións Profesionais de Galicia ponse en marcha baixo a dirección do Consello Galego de Formación Profesional (Decreto 110/1999, do 8 de abril, modificado polo Decreto 214/2003, do 20 de marzo), órgano consultivo e de participación dos axentes sociais e económicos do ámbito galego, que ten como obxectivo básico coordinar todas as ensinanzas e accións de formación profesional que se acometen ou vaian acometer na nosa Comunidade Autónoma, e faise necesaria a constitución do Instituto Galego das Cualificacións (Decreto 93/1999, do 8 de abril) como órgano de carácter técnico que executará, dentro das súas competencias, as liñas aprobadas polo Consello.
Instituto Galego das Cualificacións
Organicamente é a Subdirección Xeral das Cualificacións adscrita á Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade, que xorde como instrumento específico de carácter técnico para velar polo establecemento e a xestión en Galicia do Sistema Nacional das Cualificacións Profesionais.
Obxectivos
- Observar a evolución das ocupacións e das cualificacións.
- A participación na confección do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais, así como na súa actualización permanente.
- Acreditar as cualificacións profesionais da poboación activa de Galicia.
Finalidades
- A mellora da competitividade das empresas.
- Maior motivación nas persoas.
- Transparencia do mercado de traballo.
- Calidade na formación profesional.
- Orientación profesional das persoas.
- Facilitar a libre circulación dos traballadores e das traballadoras no territorio nacional e da Unión Europea.
Beneficiarios e beneficiarias
A posta en funcionamento do Instituto Galego das Cualificacións beneficiará o conxunto da poboación galega. Para ser máis concretos:
- As empresas e as persoas empregadoras en xeral: coñecerán o que poden esperar das persoas e poderán mellorar a planificación dos recursos humanos.
- Os e as axentes da formación: terán un referente da competencia necesaria na produción e, deste xeito, disporán de pautas de calidade para orientar as accións formativas e avaliar a idoneidade da oferta no mercado da formación.
- As persoas: saberán o que se espera delas nas situacións de produción e coñecerán a competencia profesional que lles proporcionará unha meirande capacidade de resposta fronte aos cambios nos modos de produción.
Contactos relacionados
-
Instituto Galego das CualificaciónsEdificio Administrativo San Lázaro, s/n, 1º Planta - 15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)Teléfono: 981 546 840Correo-e: ctb.igcualif@xunta.gal