Solicitude de certificado profesional

A expedición do certificado profesional realízase previa solicitude da persoa interesada. Esta solicitude debe ir dirixida á administración competente, sexa estatal ou autonómica. 

A competencia para a expedición de certificados profesionais Grao C correspóndelle á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cando se trata de formación ou acreditación de competencias profesionais concluída en centros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Noutro caso, a solicitude debe presentarse ben ante o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, no caso de formación realizada no ámbito estatal de xestión, ben ante ao organismo correspondente das respectivas Comunidades Autónomas.

Presentación de solicitudes

Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso que a solicitude se envíe por correo postal, hai que dirixila a:

Servizo de Acreditación das Cualificacións e Fomento das Capacidades.
Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Edificio administrativo San Lázaro S/n - 15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Documentación necesaria

  • Modelo de solicitude cuberto (TR308A).
  • Copia do diploma ou diplomas de formación profesional para o emprego autorizada pola Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.
  • Copia da documentación que acredite os requisitos académicos ou de acceso ás accións formativas que dan dereito á obtención dun certificado profesional.
  • Copia da certificación que acredite as unidades de competencia obtidas a través do procedemento de acreditación de competencias adquiridas a través da experiencia laboral ou outras vías non formais e informais, regulado no Título VI do Real Decreto 659/2023, do 18 de xullo.
  • Copia da certificación académica de módulos profesionais de Formación Profesional no ámbito educativo, asociados a unidades de competencia correspondentes ao certificado profesional.
  • Copia da documentación que acredite a experiencia laboral ou a exención da FCT no caso de solicitar a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais, nos casos en que proceda.

Trámites posteriores

  • PR004A para calquera trámite posterior