Biografía do conselleiro

 Biografía do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez

Compártao :

Compartir
José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración

Naceu en Ourense en 1970. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1997 ingresou no corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, especializado en inspección financeira e tributaria e aduanas e impostos especiais.

  • Foi vogal nato do comité e do pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo desde 2009 a 2014; e representante da aduana española en diferentes comités de reforma do código aduaneiro comunitario en 2009. Ademais de membro de diferentes comisións da Autoridade Portuaria de Vigo para a coordinación dos controis do comercio exterior; profesor asociado do departamento de Dereito Financeiro, na Universidade de Vigo, desde 2002 a 2006; e docente especialista en materia de imposto sobre o valor engadido e comercio exterior e en contabilización de impostos.
  • Desde 2016 ata 2018, José González Vázquez foi deputado no Parlamento de Galicia, onde desempeñou funcións como voceiro de Medio Rural do GPP; membro da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes; membro da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos; vicepresidente da Comisión Permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e membro da Comisión Especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia. 
  • Desde setembro de 2018 ata abril de 2024 foi conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia.
  • Desde abril de 2024 é conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración.