Convocatoria de probas de competencias clave 2026

20ª convocatoria de competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais nivel 2 e 3 de cualificación

Resolución do 12 de decembro de 2025 - DOG do 14 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

A resolución contén os seguintes anexos:

  • Anexo I Solicitude. Procedemento TR306A
  • Anexo II Calendario previsto do procedemento
  • Anexo III Requisitos formativos de acceso aos certificados profesionais
  • Anexo IV Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
  • Anexo V Validacións das competencias por ter superados estudos regrados

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2026

Modelo de solicitude: TR306A - Probas de competencias clave  

Recomendacións xerais sobre a presentación da solicitude:
      

  1. Pode identificarse co DNI, NIE ou pasaporte. No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar necesariamente copia coa solicitude (artigo 7.a da Resolución). 
  2. No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, so é necesaria unha única solicitude.
  3. NON solicitar competencias aprobadas en anteriores convocatorias; consultar o “Buscador de resultados das probas”.
  4. Presentar preferiblemente a solicitude por vía electrónica, para o que debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia: Chave 365, DNI electrónico ou certificados dixitais. (artigo 5.2 da resolución de convocatoria).
           Para a presentación electrónica debe seguir os seguintes pasos:
            ◦ Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e buscar o formulario de solicitude do procedemento TR306A–Probas de competencias clave 
            ◦ Dentro da pestana “Presentación” premer na icona “Tramitar en liña”
            ◦ Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar, presentar e obter recibo.
  5. No caso de solicitudes cumprimentadas a man:
           ◦ Prégase claridade nos datos
           ◦ É necesario indicar o número de DNI, NIE ou Pasaporte
           ◦ Non esquecer asinar a solicitude


Calendario previsto

 

Datas

Prazo de presentación de solicitudes

Un (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Publicación da relación provisional de persoas admitidas

Aproximadamente un (1) mes logo do remate do prazo de presentación de solicitudes

Presentación de alegacións

Catro (4) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación provisional

Publicación da relación definitiva de persoas admitidas

Unha (1) semana despois da finalización do prazo de presentación de alegacións

Realización da proba

Previsiblemente na segunda (2ª) quincena de maio

Realización da proba

Aproximadamente un (1) mes desde a realización das probas. Os resultados provisionais serán publicados na web da Consellería 

Presentación de reclamacións

Catro (4) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados provisionais

Publicación dos resultados definitivos das probas

Unha (1) semana logo do remate do prazo de presentación de reclamacións

Envío de correo electrónico solicitando participar na proba adicional

Desde a publicación dos resultados definitivos ata o un (1) de setembro

Realización da proba adicional

Previsiblemente na primeira (1ª) quincena de outubro

 

Aviso importante: a través desta páxina web irase actualizando a información  que sexa necesaria. 

Máis información

Teléfonos: 981 546 858/ 981 546 843 / 981 546 845 / 981 546 854

Documentos relacionados