Orde do 3 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de corta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR302D).
Orde do 18 de setembro de 2023 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas Bonos Talento empresa previsto na Orde do 3 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede a súa convocatoria para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR302D)
Orde do 28 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 3 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR3O2D)
RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR302D).
O prazo de presentación de solicitudes polas entidades beneficiarias será ata o 29 de setembro de 2023, ou ata que se produza o esgotamento do crédito asignado a esta convocatoria, que se publicaría no DOG e nesta páxina web.
NOVO! Amplíase ata o 3 de novembro de 2023 (incluído) o prazo de presentación de solicitudes de axudas para proxectos formativos que se desenvolvan exclusivamente en 2024.
O prazo máximo para a resolver pola Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, será de dous meses desde a presentación da solicitude.
O período de realización das accións formativas subvencionables comprenderá:
- Para aquelas accións formativas que se desenvolvan exclusivamente no ano 2023: ata o 30 de novembro de 2023.
- Para as accións formativas que se desenvolvan entre 2023 e 2024 ou exclusivamente en 2024: ata o 30 de setembro de 2024.
O prazo para a xustificación final da subvención:
- Proxectos formativos que se desenvolvan exclusivamente en 2023: a data límite para a presentación da xustificación será o 15 de decembro de 2023.
- Proxectos formativos que se desenvolvan entre 2023 e 2024 ou exclusivamente en 2024: a data límite para a presentación da xustificación será o 15 de outubro de 2024.