Trámites posteriores á solicitude: modelos e documentación xustificativa 2025-2026

A.- Previo ao inicio das accións formativas

Comunicación dos datos xerais e calendario do curso, con polo menos 7 días naturais de antelación ao inicio de cada acción formativa.

Para esta comunicación as entidades beneficiarias poderán empregar o Modelo de Comunicación Previa Inicio Formación.

B.- Durante a realización das accións formativas

As entidades beneficiarias quedan obrigadas a dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que se deriven da execución (artigo 35). En particular, en todos os materiais de comunicación, como produtos impresos ou dixitais, sitios web e as súas versións móbiles, etc., destinados ao público ou ás persoas participantes, deberán figurar de maneira destacada, ademais do logotipo corporativo da Xunta de Galicia, o emblema da Unión Europea, xunto cunha declaración de ‘Cofinanciado pola Europea’ e co novo logotipo de Fondos Europeos.

Estes logotipos poden ser descargados na páxina web dos Fondos Estruturais de Galicia, así como nesta páxina do portal da Xunta de Galicia.

As entidades beneficiarias, en particular, deberán: 

a) Nos lugares de realización da actuación informar do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación nun lugar ben visible para o público.

- Modelo de Cartel FSE+ - Versión Libre Office (ODT)

- Modelo de Cartel FSE+ - Versión Microsof Office (DOCX)

- Modelo de Cartel FSE+ - Versión Adobe Acrobat (PDF)

b) Farase unha breve descrición da actuación na páxina web e nas contas nos medios sociais, no caso de dispoñer delas, mencionando os obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea. Exemplos de Modelo de páxina web e RRSS

c) En todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da actuación, destinados ao público ou ás persoas participantes, proporcionarase unha declaración que saliente a axuda da Unión Europea de xeito visible. Modelo Documentos FSE+

Por outra banda, as entidades beneficiarias destas axudas quedan obrigadas a facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade, que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e de resultados inmediatos e a longo prazo (artigo 34.5). 

Para estes efectos, facilitarase á entidade beneficiaria o acceso á aplicación Participa2127 e os oportunos cuestionarios. As entidades beneficiarias deberán introducir os datos dos indicadores de realización e de resultados das persoas participantes na aplicación informática Participa 2127.

C.- Para pagamento anticipado:

Modelo de solicitude de pagamento anticipado + Declaración Axudas

D.- Para xustificación final da subvención e liquidación.