Publicidade Centros Especiais de Emprego

Compártao :

Compartir
Data de actualización: 12 decembro 2018

Publicidade de Centros Especiais de Emprego

FSE

Os centros especiais de emprego subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar teñen que cumprir a obriga de adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar e, no seu caso, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. De acordo con esta obriga, os centros especiais de emprego deberán anunciar que están sendo subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar no seu domicilio social e nos seus centros de traballo. Para isto incorporarán un rótulo visible ao público incluíndo o nome do centro, a expresión “centro especial de emprego”, de acordo cos formatos proporcionados pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.

Para facilitar o cumprimento desta obriga no seguinte enlace pode descargar o manual cos formatos a empregar.

Igualmente neste enlace pode descargar o anexo a cubrir para informar ás persoas traballadoras con discapacidade acerca da subvención do seu contrato e do seu cofinanciamento polo FSE. Este anexo debe presentarse coa xustificación da subvención do custo salarial da mensualidade de xullo de 2014 ou do resto das mensualidades nas que se produzan as altas de novas persoas traballadoras no centro.

Os logos da Xunta de Galicia e do Ministerio que figuran no pdf deben cambiarse polos da Consellería de Economia, Emprego e Industria e polo novo logo do Ministerio