A Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha o programa ES POPUP, un conxunto de actividades que lles permitirá ás empresas que se encontran en fase de creación ou consolidación ter unha experiencia real de venda e lograr unha importante aprendizaxe que as axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
A través de ES POPUP as persoas emprendedoras poderán expoñer os seus proxectos durante un tempo limitado e acceder a unha valiosa retroalimentación do potencial cliente antes de lanzarse definitivamente ao mercado.
Obxectivos
- Introducir e dar a coñecer novos produtos e servizos
- Testar unha idea de negocio
- Estender a marca
- Identificar factores que poden limitar o éxito do proxecto ou produto
- Determinar necesidades do proxecto
- Avaliar, medir e formar as persoas emprendedoras
- Identificar sinerxías de proxectos e fomentar o networking
- Fomentar o ecosistema emprendedor
A quen vai dirixido?
A persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que queiran desenvolver un proxecto de economía social mediante a proba do seu produto ou servizo.
Bases e convocatoria
Pode descargar as bases e a convocatoria aquí.
Candidatura en liña (inscrición)
Para formular unha candidatura deberá cubrirse o formulario dispoñible na seguinte ligazón: http://bit.ly/ES-PopUp-inscricion