Subvencións para gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción 2023 (TR802H e TR358D)
Data de actualización: 23 xaneiro 2023
Estas axudas teñen por finalidade sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través de dous programas:
- Programa I: fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais
- Programa II: fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción
Sede electrónica
- TR802H - Programas de apoio ás entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Programa I: fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais
- TR358D - Programas de apoio ás entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Programa II: fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral
Documentos relacionados
- Folleto informativo
- Modelo de relación de facturas da fase de xustificación
Normativas relacionadas
- Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento TR802H e TR358D)
- Extracto