Publicidade de Empresas de Inserción
Data de actualizacion: 12/12/2018
Publicidade de Empresas de Inserción
As Empresas de Inserción subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade teñen que cumprir a obriga de adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade. De acordo con esta obriga, as Empresas de Inserción deberán anunciar que están sendo subvencionados pola Consellería de Emprego e Igualdade no seu domicilio social e nos seus centros de traballo. Para isto incorporarán un rótulo visible ao público incluíndo o nome do centro, a expresión “Empresa de Inserción” e os logotipos da Xunta de Galicia e do SEPE, de acordo cos formatos proporcionados pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.