ES CONECTA: Aceleradora de proxectos de economía social
Data de actualizacion: 27/12/2018
A Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha o programa ES CONECTA, unha aceleradora de economía social que se estrutura nun programa de alto rendemento, duns catro meses de duración, que combina, baixo a supervisión dun equipo de especialistas, un conxunto de accións baseadas na formación, a titorización, o coaching, a mentorización e o apoio no acceso a financiamento externo. Estas accións están orientadas a reducir os tempos de posta en marcha e consolidación de proxectos empresariais de economía social, o que garante a viabilidade destes e minimiza os riscos inherentes aos devanditos procesos.
Obxectivos
- Fomentar o emprendemento a través da mellora dos coñecementos e experiencias.
- Garantir o éxito do desenvolvemento das actividades.
- Avaliar, medir e formar as persoas emprendedoras.
- Identificar sinerxías de proxectos e fomentar o networking.
- Fomentar o ecosistema emprendedor.
A quen vai dirixido?
A persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal que queiran desenvolver un proxecto de economía social.
Bases e convocatoria
Pode descargar as bases e convocatoria aquí.
Candidatura en liña (inscrición)
Para formular unha candidatura deberá cubrirse o formulario e anexarse a memoria dispoñible na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/taWYNjPLSbrPYkGS2