Habilitación dos libros de subcontratación

Compártao :

Compartir

A habilitación pola autoridade laboral correspondente ao territorio no que se execute unha obra civil ou de construción, pública ou privada,  dos libros de subcontratación.

Cada contratista nunha obra, con carácter previo á subcontratación cun subcontratista ou traballador autónomo de parte da obra que teña contratada, deberá obter un libro de subcontratación habilitado que se axuste ao modelo establecido na normativa.

A habilitación consistirá na verificación de que o libro reúne os requisitos establecidos na normativa.

No caso de que o contratista necesite a habilitación dun segundo libro para unha mesma obra deberá presentar á autoridade laboral o libro anterior para xustificar o esgotamento das súas follas ou o seu deterioro.

No caso en que fose requirida a achega do libro para un proceso xudicial, solicitarase á autoridade laboral a habilitación dunha copia legalizada deste, con carácter previo á remisión do orixinal ao órgano xudicial.

En caso de perda ou destrución do libro anterior ou outra circunstancia semellante, tal feito se xustificará mediante declaración escrita do empresario ou do seu representante legal da non presentación e probas das que dispoña, facéndose constar dita circunstancia na dilixencia de habilitación, posteriormente o contratista reproducirá no novo libro as anotacións efectuadas no anterior.

Beneficiarios/as
Empresas, españolas ou estranxeiras, inscritas no REA como contratistas, que teñan capacidade para subcontratar e que vaian a facelo nunha obra civil ou de construción.
 

Normativa

  • Estatal
    • Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción (BOE n.º 250, do 19.10.2006)
    • Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006 (BOE n.º 204, do 25.08.2007)
  • Autonómica
    • Resolución do 31 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de Relacións Laborais pola que se comunica os lugares de habilitación e se dá publicidade á versión bilingüe do libro de subcontratación regulado no Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción (DOG n.º. 220, do 14.11.2007 – CE – DOG n.º 226, do 22.11.2007)
    • Resolución do 8 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, complementaria da do 31 de outubro de 2007, pola que se comunican os lugares de habilitación e se dá publicidade á versión bilingüe do libro de subcontratación regulado no Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción (DOG n.º 36, do 20.02.2008) 

Documentación

Deberán adquirir os libros de subcontratación coas características establecidas na normativa vixente.

A habilitación poderán facela de xeito presencial ou enviar o/s libro/s por correo co modelo de escrito que aparece en solicitude, exclusivamente, ante a xefatura territorial correspondente segundo a provincia onde estea situada a obra.

Máis información:

Lei reguladora da subcontratación no sector da construcción

A Lei da Subcontratación

O 19 de abril de 2007 entra en vigor a Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación.

Nos seguintes documentos encontrará información resumida sobre os aspectos máis salientables da Lei, e aclaracións sobre as obrigas esixidas pola Lei e o momento no que son esixibles.

O libro de subcontratación


Solicitude

Modelo de solicitude

Onde acudir:

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Xefatura Territorial da Coruña
Servizo de Emprego e Economía Social
Espazo Amizar
Gregorio Hernández, 2- A Coruña
15011 A Coruña
Tel.: 981 182 529
Correo-e: stes.ctb.coruna@xunta.gal

Xefatura territorial de Lugo
Servizo de Emprego e Economía Social
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Tel.: 982 294 329 Fax: 982 294 359

Xefatura territorial de Ourense
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social
Av. da Habana, 79
32004  Ourense
Tel.: 988 386 402 – 988 386 401

Xefatura territorial de Vigo
Servizo de Emprego e Economía Social
R/ Concepción Arenal, 8-2º
36202  Vigo
Tel.: 986817015 - 986817632 - 986817249 - Fax: 986 817 010