- Inicio
- Áreas
- Relacións laborais
-
Igualdade laboral
- Apertura de centros de traballo
- Asociacións empresariais e sindicais
- Calendarios laborais
- Conciliacións en conflitos laborais
- Consello Galego de Relacións Laborais
- Convenios colectivos
- Desprazamento por prestación de servizos transnacional
- Eleccións sindicais
- Empresas de traballo temporal
- Expedientes de Regulación de Emprego (ERE)
- Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE)
- Folgas
- Igualdade laboral
- Peches patronais
- Protocolos específicos de prevención fronte á COVID-19
- Responsabilidade Social Empresarial (RSE)
- Rexistro de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción
- Subvencións cofinanciadas co FSE
-
Relacións laborais
- Apertura de centros de traballo
- Asociacións empresariais e sindicais
- Calendarios laborais
- Conciliacións en conflitos laborais
- Consello Galego de Relacións Laborais
- Convenios colectivos
- Desprazamento por prestación de servizos transnacional
- Eleccións sindicais
- Empresas de traballo temporal
- Expedientes de Regulación de Emprego (ERE)
- Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE)
- Folgas
- Igualdade laboral
- Peches patronais
- Protocolos específicos de prevención fronte á COVID-19
- Responsabilidade Social Empresarial (RSE)
- Rexistro de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción
- Subvencións cofinanciadas co FSE
-
Relacións laborais
- Apertura de centros de traballo
- Asociacións empresariais e sindicais
- Calendarios laborais
- Conciliacións en conflitos laborais
- Consello Galego de Relacións Laborais
- Convenios colectivos
- Desprazamento por prestación de servizos transnacional
- Eleccións sindicais
- Empresas de traballo temporal
- Expedientes de Regulación de Emprego (ERE)
- Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE)
- Folgas
- Igualdade laboral
- Peches patronais
- Protocolos específicos de prevención fronte á COVID-19
- Responsabilidade Social Empresarial (RSE)
- Rexistro de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción
- Subvencións cofinanciadas co FSE
Igualdade laboral
Esta sección contén información sobre materias competencia desta consellería en relación coa igualdade laboral.
No seu compromiso pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres nas empresas galegas, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca anualmente axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación laboral e persoal e responsabilidade social empresarial. Unha das liñas desta orde está dirixida a aquelas empresas con menos de 50 persoas traballadoras que de forma voluntaria elaboren e implanten un plan de igualdade. Dentro desta liña poderán ser obxecto de subvención, ben de maneira conxunta ou ben por separado, os seguintes conceptos:
- Os custos da elaboración dunha diagnose da realidade da empresa dende a perspectiva de xénero.
- Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas nunha diagnose previa.
- Os custos derivados da primeira fase de implantación das medidas prioritarias previstas nun plan de igualdade.
- A contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e como mínimo dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade
Obtención da Certificación Galega de Excelencia en Igualdade
A Certificación Galega de Excelencia en Igualdade é un distintivo outorgado pola Administración autonómica para recoñecer aquelas empresas ou entidades do terceiro sector que destaquen na aplicación das políticas de igualdade para a equiparación laboral entre mulleres e homes.
Poderán solicitar a Certificación Galega de Excelencia en Igualdade, para distinguiren con ela os seus produtos ou os seus servizos, as empresas, sexan de capital público ou privado, e as entidades do terceiro sector que teñan o seu domicilio social en Galicia ou que conten con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación aberta no territorio da Comunidade Autónoma, sempre e cando, ademais diso, teñan persoal contratado nela.
A Certificación Galega de Excelencia en Igualdade outorga ás entidades unha serie de dereitos e facultades durante a súa vixencia. Así mesmo, o uso da Certificación Galega de Excelencia en Igualdade estará suxeito ao cumprimento de determinadas obrigas.
As empresas e as entidades do terceiro sector a que se conceda a Certificación Galega de Excelencia en Igualdade serán inscritas nun rexistro de natureza administrativa, único para toda a Comunidade Autónoma de Galicia, creado para este fin e adscrito á consellería con competencias en materia de emprego.
Formación
Co obxectivo de ofrecer unha formación integral en materia de igualdade laboral a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, presenta unha web específica (https://aigualdadelaboral.gal/).
Nesta web, ademais de ofrecer lexislación, novas, recursos e outros materiais para o seu uso, atopamos un campus formativo co principal obxectivo de que toda a poboación interesada na materia de igualdade laboral ou que desexe formarse neste campo, teña a oportunidade de facelo.
Neste campus podemos atopar tanto cursos básicos en igualdade (8 h) como cursos avanzados (35 h), así como de diversas temáticas como son: a discriminación por xénero, a protección fronte ao acoso no traballo , a valoración de postos de traballo, rexistro retributivo e auditoría, entre outros.
Convócanse periodicamente talleres prácticos formativos sobre temas de interese, para afondar un pouco máis na procura da igualdade real nas condicións de traballo entre mulleres e homes e nos que as persoas participantes poden intercambiar coñecementos e experiencias entre elas.
Para poder acceder ao campus formativo será preciso rexistrarse previamente.
Rexistro plans de igualdade no REGCON
Todas as empresas que conten cun plan de igualdade deberán inscribilo no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de Igualdade (REGCON) independentemente do número de persoas traballadoras que conformen o cadro de persoal.
Normativas relacionadas
- Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes (BOE nº 71 de 23 de marzo de 2007)
- Real Decreto-lei 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía na igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación (BOE nº 57 do 7 de marzo de 2019)
- Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro, e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE nº 272, do 14 de outubro de 2020)
- Real decreto 902/2020, do 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes (BOE nº 272, do 14 de outubro de 2020)
- Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia (DOG nº 233, do 11 de decembro de 2023)
- Decreto 96/2025, do 6 de outubro, polo que se regula a Certificación Galega de Excelencia en Igualdade e o Rexistro de empresas e entidades do terceiro sector recoñecidas coa Certificación Galega de Excelencia en Igualdade (DOG nº209, do 29 de outubro de 2025)
Contactos relacionados
-
Unidade Administrativa de IgualdadeTeléfono: 881 997 256 / 881 997 380 / 881 997 381Correo-e: igualdade.emprego@xunta.gal
-
Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde LaboralTeléfono: 981 957 744 / 981 544 785 / 981 544 615Correo-e: relacionslaborais.emprego@xunta.gal