As conciliacións en conflitos laborais colectivos tratan de solucionar situacións conflitivas que afectan a intereses xerais dos/as traballadores e traballadoras.
As partes neste procedemento son:
- Os/as representantes das persoas traballadoras no ámbito correspondente ao conflito, por iniciativa propia ou a instancia das persoas ás que representan.
- O empresariado e quen o represente legalmente segundo o ámbito do conflito.
A formulación do conflito colectivo débese formalizar por escrito, a través dunha papeleta de conciliación na que se fará constar:
- Nome, enderezo e carácter da persoa que o presente
- Determinación dos/as traballadores e traballadoras e empresariado afectados
- Feitos nos que se fundamente o conflito
- Peticións concretas que se formulan
Información de contacto
Para calquera cuestión ou información adicional dirixirse a:
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Secretaría Xeral de Emprego
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral
Edificio Administrativo San Lázaro, s/nº, Planta baixa
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 545 743