Os centros especiais de emprego son aqueles que realizan un traballo produtivo, participando regularmente nas operacións do mercado e tendo por finalidade asegurar o emprego remunerado e a prestación dos servizos de axuste persoal e social que requiran os seus traballadores con discapacidade, á vez que sexa un medio de integración do maior número de persoas con discapacidade ao réxime de traballo normal.
Como mínimo, o 70 por cento do seu cadro de persoal estará constituido por traballadores con discapacidade, sen que se computen para estes efectos o persoal dedicado á prestación dos servizos de axuste persoal e social.
Asesoria virtual de centros especiais de emprego
- Coñece os centros especiais de emprego
- Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Planta baixa - 15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 957 747 - 981 957 746
Correo-e: rexistro-cee@xunta.gal