Feiras

Participación en feiras como entidade coexpositora

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co fin de dar a posibilidade ás entidades da economía social a participar como coexpositoras nos postos institucionais en diversas feiras, terá a disposición dos interesados información actualizada neste apartado.

No marco das accións promocionais e de fomento da economía social, considérase fundamental a participación en certames feirais co fin de dar a coñecer e mellorar a comercialización dos seus produtos. 

Feiras para as que se abre o prazo de participación 2025

Feiras

Datas

Recinto

Lugar

Cota de inscrición

Culturgal

sen data 2025

Pazo da Cultura

Pontevedra

0 €

Forum Gastronómico

celebrado

Expocoruña

A Coruña

300 € + IVE

Salimat

do 6 ao 8 de xuño

Feira Internacional de Galicia - Abanca

Silleda

100 € + IVE

Xantar Ourense

do 20 ao 23 de novembro

Expourense

Ourense

0 €

Criterios de valoración e forma de participación

Documentación necesaria

Como participar

Achegar a documentación anterior (modelo de declaración responsable e modelo de exposición de produtos) xunto coa solicitude PR004A a través da sede electrónica. Para información máis detallada sobre como participar ver o documento de criterios de valoración.