As sociedades laborais son sociedades de natureza mercantil, anónimas ou de responsabilidade limitada, que contan cun capital social pertencente de xeito maioritario ás súas persoas socias traballadoras.
Cumpren as seguintes condicións:
- Que a maioría do seu capital social sexa propiedade dos seus traballadores indefinidos
- Que ningunha das persoas socias sexa titular de máis dun terzo do capital social (coas excepcións previstas na lei)
- Que o número de horas-ano realizadas polos traballadores indefinidos non socios sexa superior ao 49 por cento das horas-ano traballadas polo conxunto dos socios traballadores (non se computa o traballo realizado por traballadores con discapacidade superior ao 33%)
- Coñece a fórmula cooperativa
- Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Planta baixa - 15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 957 747
Correo-e: rexistro-sociedadeslaborais@xunta.gal