Demanda de servizos

Compártao :

Compartir

A demanda de servizos é a petición ao Servizo Público de Emprego de Galicia dun posto de traballo, formación, orientación ou calquera outro servizo que oferte.

Enténdese por demanda de emprego á solicitude dun posto de traballo realizada no Servizo Público de Emprego de Galicia e nos Centros Colaboradores debidamente autorizados.

Enténdese por demanda de formación á solicitude dun curso de formación ocupacional que permita mellorar o acceso dun demandante de emprego ao mundo laboral ó ben que mellore a situación actual dun traballador activo.

Enténdese por demanda de orientación á solicitude dunha cita coa oficina de emprego para axudarlle a elixir para que postos de traballo cumpre o perfil e que cursos poder realizar para cumprir certo perfil.

Para realizar calquera das solicitudes de demanda de servizos deberá dirixirse á Oficina de Emprego que lle corresponda, segundo o seu código postal, onde poderá solicitar traballo en máis dunha ocupación, cursos de formación ocupacional en diversas especialidade e citas para a orientación no mundo laboral.

Tamén é posible solicitar os servizos de orientación, formación, etc, a través da web corporativa do Servizo Público de Emprego de Galicia (Portal de Emprego)

Unha vez feita a solicitude, o demandante de emprego queda inscrito para participar e beneficiarse dos servizos que se ofrecen para a inserción laboral.

Información a achegar na solicitude

  • Documento Nacional de Identidade, Cartón de Identidade ou Pasaporte en vigor, se é español ou membro da Unión Europea (ou EEE).
  • Autorización de residencia/traballo en vigor, se non é traballador comunitario.
  • Cartilla/Cartón da Seguridade Social, se traballou anteriormente en España
  • Profesión ou profesións nas que solicita traballo.
  • Titulación Profesional (títulos, certificados, etc.)
  • Experiencia profesional, adecuadamente xustificada.
  • Xornada de traballo que solicita.
  • Carnés profesionais que posúe.
  • Certificados de minusvalía.
  • Coñecementos en idiomas (falado, escrito, conversación, adecuadamente xustificados)


Requisitos para demandar servizos

  • Ter 16 anos cumpridos.
  • Ser español ou membro da Unión Europea (ou Espazo Económico Europeo), ou traballador non comunitario en posesión de autorización de residencia/traballo en vigor
  • Non estar imposibilitado para o traballo.

 

Contactos relacionados
  • Atención ao demandante

    Teléfono: 012