Son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Cales son?
- Obradoiros duais de emprego
- Obradoiros de emprego para persoas mozas
Obradoiros duais de emprego
Requisitos para poder participar como alumno/a traballador/a
- Ter dezaoito ou máis anos de idade.
- Estar en situación de desemprego e inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Poder realizar un contrato para a formación e aprendizaxe, co obxecto de estar vinculado ao obradoiro dual de emprego mediante un contrato de tales características.
- No caso de que a formación vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, deben cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os devanditos certificados (formación académica ou no seu defecto as competencias clave que correspondan)
Formación e duración
A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de nove meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Retribucións
Desde o inicio da súa participación no obradoiro dual de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.
Quen pode solicitalas?
Concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións.
Financiamento
O importe da subvención de obradoiros duais de emprego está financiado por fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.
Que tipo de actividades realizan?
- Recuperación do patrimonio artístico, histórico cultural ou natural.
- Rehabilitación de contornos urbanos ou ambientais.
- Mellora das condicións de vida das vilas e cidades mediante a dotación de servizos sociais e comunitarios.
- Recuperación de oficios artesanais ou tradicionais.
- Prestación de servizos personalizados de carácter cotián.
- Enerxías renovables.
- Conservación, reforma e posta en valor das rutas de peregrinación delimitadas do Camiño de Santiago. Especialidades relacionadas co fomento das TIC (tecnoloxía da información e a comunicación) e a economía dixital.
- Especialidades forestais, seguridade e ambiente relacionadas coa vixilancia e extinción de incendios forestais e tamén coa construción, instalación e mantemento de infraestruturas de prevención e extinción.
- Calquera outra actividade que permita a inserción a través da profesionalización e da adquisición de experiencia dos participantes que posibilite a súa posterior inserción laboral.
Que formación se imparte?
- Formación profesional para o emprego específica da especialidade que se vai cursar alternándoa coa práctica profesional. A devandita formación adecuarase, na medida do posible, á obtención do correspondente certificado de profesionalidade
- Formación complementaria que inclúe módulos de informática, sensibilización ambiental, igualdade de xénero, prevención de riscos laborais, así como asesoramento e orientación laboral
- Formación específica co obxecto de que todo alumno-a/traballador-a que non teña a titulación de educación secundaria obrigatoria, poida acadar a devandita titulación
Programas de emprego para persoas mozas
Requisitos para poder participar como alumno/a traballador/a:
- Ter dezaoito ou máis anos de idade.
- Estar inscrito/a e en situación de persoas beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e ademais deberán manter o cumprimento dos requisitos para ser considerada persoa beneficiaria con carácter previo a participar nun obradoiro de emprego.
- Poder realizar un contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ao programa mediante un contrato de tales características.
- No caso de que a formación vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, deben cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os devanditos certificados (formación académica ou no seu defecto as competencias clave que correspondan).
Formación e duración
A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de seis meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Retribucións
Desde o inicio da súa participación no programa de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Quen pode solicitalas?
Concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades, cuxa titularidade corresponda integramente a este.
Financiamento
O importe da subvención de programas de emprego de Garantía Xuvenil será cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao período 2014-2020. O financiamento restante será con cargo a fondos propios.
Que tipo de actividades realizan?
- Recuperación do patrimonio artístico, histórico cultural ou natural.
- Rehabilitación de contornos urbanos ou ambientais.
- Mellora das condicións de vida das vilas e cidades mediante a dotación de servizos sociais e comunitarios.
- Recuperación de oficios artesanais ou tradicionais.
- Prestación de servizos personalizados de carácter cotián.
- Enerxías renovables.
- Especialidades relacionadas co fomento das TIC (tecnoloxía da información e a comunicación) e a economía dixital.
- Calquera outra actividade que permita a inserción a través da profesionalización e da adquisición de experiencia dos participantes que posibilite a súa posterior inserción laboral.
Que formación se imparte?
- Formación profesional para o emprego específica da especialidade que se vai cursar alternándoa coa práctica profesional. A devandita formación adecuarase, na medida do posible, á obtención do correspondente certificado de profesionalidade.
- Formación complementaria que inclúe módulos de informática, sensibilización ambiental, igualdade de xénero, prevención de riscos laborais, así como asesoramento e orientación laboral.
- Formación específica co obxecto de que todo alumno-a/traballador-a que non teña a titulación de educación secundaria obrigatoria, poida acadar a devandita titulación.
Onde se pode obter máis información?
Dirección Xeral de Promoción e Orientación Laboral
Subdirección Xeral de Orientación Laboral
Servizo de programas mixtos
Tel. 981 957 724 / 981 547 225
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Servizos de Orientación e Promoción Laboral das Xefaturas Territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria
A Coruña
Tel. 881 881 597
Rúa Salvador de Madariaga 9, 1º andar
15008 A Coruña
Lugo
Tel. 982 294 257
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Ourense
Tel. 988 386 827
Avenida da Habana, 79
32004 Ourense
Pontevedra
Tel. 986 817 022
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 Vigo