Creación e xestión de contratos

Compártao :

Compartir

Unha vez que o/a empresario/a selecciona as persoas candidatas, das que o Servicio Público de Emprego de Galicia proporcionase mediante o envío dos seus currículums poderá xerar o contrato para ese demandante e posteriormente comunicalo vía Contrat@ ou ben a través do INEM.

Para poder levar a cabo a creación do contrato pode desprazarse á Oficina de Emprego que corresponda, segundo o código postal de situación do posto de traballo, ou ben a través da web corporativa do Servicio Público de Emprego de Galicia.

Se a creación a leva a cabo desde o Portal de Emprego, permíteselle consultar cada unha das ofertas, que teña candidatos a contratar dentro do circuito de Intermediación Laboral, seleccionando os/as candidatos/as sobre os que xenerar o contrato. Pode seleccionar o tipo de contrato, tendo a posibilidade de obter un arquivo XML co contrato xenerado para seu posterior uso en Contrat@.

Tamén se lle dá a opción de consultar todos os contratos que xenerou a través do servizo ofertado desde o Portal de Emprego para así levar un control sobre os mesmos.

Documentos relacionados
Contactos relacionados
  • Atención ao demandante

    Teléfono: 012

  • Atención ao ofertante

    Teléfono: 012