Consulta de candidatos/as e selección

Compártao :

Compartir

O Servizo Público de Emprego de Galicia ofrece para cada unha das ofertas creadas polo empresario/a unha lista de candidatos que se adecuan ao perfil solicitado.

O/a empresario/a pode consultar dita listaxe vendo para cada candidato/a o currículum vitae enviado por parte da Oficina de Emprego encargada de xestionar a oferta.

En función dos currículums revisados dáse a opción ao/á empresario/a de seleccionar aqueles candidatos/as dos enviados, segundo o seu criterio, para incorporarse ao posto de traballo ofertado.

Para poder levar a cabo a consulta da listaxe de candidatos/as por oferta pode desprazarse á Oficina de Emprego que lle corresponda, según o código postal de situación do posto de traballo, ou ben a través da web corporativa do Servizo Público de Emprego de Galicia. 

Documentos relacionados
Contactos relacionados
  • Atención ao demandante

    Teléfono: 012

  • Atención ao ofertante

    Teléfono: 012