Servizos para o/a empresario/a
Información sobre o servizo de prospección empresarial e o asesoramento, información sobre axudas para o emprego, a presentación e xestión de ofertas de emprego, o rexistro de contratos ou a formación no traballo.
As persoas ou entidades empregadoras teñen sido sempre un elemento clave na atención do Servizo Público de Emprego de Galicia, para facilitarlles o persoal coas cualificacións necesarias para poder contribuír á mellora da súa competitividade e posibilitar unha intermediación eficiente.
Partindo da experiencia acumulada no traballo con estas entidades que procuran persoas traballadoras, a oferta actual de servizos para as persoas e entidades empregadoras do Servizo Público de Emprego de Galicia componse dos seguintes:
- Asesoramento para a definición de ofertas de emprego de acordo ás necesidades da empresa a través da prospección laboral, e rexistro e xestión das ofertas de emprego presentadas perante o Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Información e asesoramento sobre a contratación e as medidas de apoio á mesma xestionadas pola Xunta de Galicia.
- Identificación das necesidades das empresas, tanto no que se refire a postos vacantes como a perfís profesionais requiridos que facilite unha adecuada planificación formativa.
- Información e apoio sobre os procesos de comunicación das contratacións e os trámites legais complementarios.
- Apoio nos procesos de recolocación.
- Información e asesoramento sobre a difusión de ofertas no ámbito da Unión Europea a través da Rede EURES.
As persoas ou entidades empregadoras poden acceder a estes servizos de xeito presencial a través da rede de oficinas de emprego e de entidades colaboradoras (localice a través deste enlace a máis próxima), ou de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Empresas desde calquera lugar e as 24 horas do día neste enlace.
Ligazóns relacionadas
Normativas relacionadas
Contactos relacionados
-
Atención ao demandanteTeléfono: 012