Servizos ao demandante de emprego

Información sobre os servizos de emprego garantidos para as persoas demandantes de emprego ou de mellora de emprego.

Os principais servizos de emprego que o Servizo Público de Emprego de Galicia por a disposición das persoas demandantes de emprego ou de mellora de emprego son os seguintes:

  • Elaboración dun perfil individualizado de usuario que permita a avaliación da persoa demandante dos servizos de emprego, co soporte de evidencias estatísticas para a mellora da súa empregabilidade, e que facilite o ulterior deseño dun itinerario personalizado formativo ou de procura activa de emprego ou emprendemento adecuado.
  • Titorización individual e asesoramento continuado e atención personalizada, presencial e non presencial, durante as transicións laborais, ben entre a educación e o emprego ou entre situacións de emprego e desemprego.
  • Un itinerario ou plan personalizado adecuado ao seu perfil que prestará especial atención á eliminación de estereotipos de calquera índole, e que detallará as principais actividades propostas con obxecto de mellorar a empregabilidade da persoa usuaria, tendo en conta as necesidades do sistema produtivo e da propia persoa.
  • Formación no traballo que permita á persoa, tendo en conta o seu perfil individualizado, a adquisición efectiva ou o incremento sensible de competencias que redunden nunha maior capacidade de inserción laboral.
  • Asesoramento para o autoemprego e o emprendemento con garantías, con apoio integral e acompañamento á activación de proxectos viables.
  • Intermediación laboral eficiente, que facilite ofertas de emprego adecuadas, en particular no caso de persoas desempregadas inmersas en procesos de recolocación.
  • Unha canle presencial ou dixital alternativo de recepción dos servizos e a recibir unha orientación e atención presencial ou non presencial.
  • Acceso a traballos en calquera territorio do Estado nas mesmas condicións.

Pode acceder a estes servizos de xeito presencial a través da rede de oficinas de emprego e de entidades colaboradoras (localice a través deste enlace a máis próxima), ou de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego desde calquera lugar e as 24 horas do día neste enlace, ou da aplicación MOBEM para dispositivos móbiles Android e iOS, dispoñible neste enlace.

Documentos relacionados

Contactos relacionados

  • Teléfono de atención ao demandante
    Teléfono: 012