GalegoCastellano
Ofertas de emprego, adscrición e confirmación de dispoñibilidade

Compártalo :

Compartir

O Servicio Público de Emprego de Galicia ofrece un catálogo de ofertas que pode ser consultado polos demandantes de servizos e así seleccionar que ofertas interésanlles máis.

Unha vez seleccionadas as ofertas de interese, procédese á solicitude de adscrición ás mesmas.

Posteriormente a oficina valorará se o demandante de servizos cumpre os requisitos da oferta e ten o perfil adecuado para a mesma procedendo a incluílo na lista de candidatos da oferta.

No caso de que o perfil do demandante non concuerde cos requisitos da oferta a oicina de emprego pode solicitar unha cita co demandante de servizo para orientarlle.

Unha vez que o perfil do demandante é válido para a oferta pídese confirmación de dispoñibilidade para a mesma ao demandante para proceder ao envío do currículo vitae ao empresario.

Para poder levar a cabo a consulta do catálogo de ofertas, a adscrición nalgunha e a confirmación de dispoñibilidade unha vez realizada a intermediación pode desprazarse á Oficina de Emprego que corresponda, segundo o seu código postal de residencia, ó ben a través da web corporativa do Servicio Público de Emprego de Galicia (portal de emprego).

Información a achegar na solicitude
 

  • Documento Nacional de Identidade, Cartón de Identidade ou Pasaporte en vigor, se é español ou membro da Unión Europea (ou EEE).
  • Autorización de residencia/traballo en vigor, se non é traballador comunitario.
  • Cartilla/Cartón da Seguridade Social, se traballou anteriormente en España.
Contactos relacionados
  • Atención ao demandante

    Teléfono: 012