GalegoCastellano
Servizos ao demandante de emprego

Información sobre a demanda de servizos de emprego, a renovación de demanda (DARDE), ofertas de emprego, adscrición e confirmación de dispoñibilidade e modificación do currículum vitae.

Compártalo :

Compartir

Persoas desempregadas que procuran emprego

Ás persoas desempregadas que queren traballar, ofréceselles a posibilidade de mellorar as súas posibilidades de acceder a un emprego traballando no desenvolvemento do seu perfil ocupacional ou na súa reciclaxe profesional, o que inclúe apoio con accións de formación especializadas e programas para aumentar a súa experiencia profesional en función das ocupacións que lle interesen, así como na mellora das súas competencias e no seu proceso persoal de procura de emprego mediante os procesos de orientación laboral e os Itinerarios Personalizados de Inserción ou IPIs.

Ademais, se acuden á clasificación e figuran en situación de alta no Servizo Público de Emprego de Galicia, a súa demanda participará na intermediación coas ofertas de emprego que xestione o Servizo Público de Emprego para cada unha das ocupacións que soliciten, e se o seu currículo axústase aos requisitos definidos na oferta enviarase á empresa para a súa consideración.

Persoas ocupadas que queren mellorar o seu emprego

Ás persoas ocupadas pero que queren mellorar o seu actual posto de traballo, pódeselle axudar a mellorar a súa cualificación a través da oferta formativa do Servizo Público de Emprego de Galicia, e a definir axeitadamente os seus obxectivos e a súa estratexia para o seu desenvolvemento profesional mediante a orientación laboral, considerándoo como candidato para intermediar naquelas ofertas que requiran profesionais co seu perfil ocupacional.

Para lograr estes obxectivos, o Servizo Público de Emprego de Galicia pon á súa disposición todos os seus servizos.

Documentos relacionados
Contactos relacionados
  • Teléfono de atención ao demandante

    Teléfono: 012