Acreditación das cualificacións profesionais
Nesta área o Instituto Galego das Cualificacións participa na elaboración das cualificacións profesionais que forman o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (RD 1128/2003, do 5 setembro), así como na súa actualización e nos procedementos para acadalas a través dos certificados de profesionalidade.
Obxectivos
- Garantir a implantación efectiva do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais en Galicia.
- Integrar e coordinar os subsistemas de formación profesional para establecer unha oferta integrada de formación asociada ás cualificacións profesionais.
- Servir de instrumento de apoio ao emprego mediante a acreditación das competencias profesionais dos/as traballadores/as, calquera que sexa a vía de acceso pola que se acadou a competencia profesional.
Funcións
As principais funcións deste servizo encádranse dentro de catro grandes liñas de actuación:
- Sistema de cualificacións profesionais de Galicia
- A participación na confección do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, así como na súa actualización permanente
- A elaboración de propostas para o catálogo de cualificacións profesionais de acordo cos resultados dos estudos realizados no tecido empresarial galego
- A participación na determinación de criterios para definir os requisitos e as características que deben reunir as cualificacións profesionais para ser incorporadas ao Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais
- Páxina do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais
- Procedemento de recoñecemento da competencia profesional adquirida por experiencia laboral e/ou aprendizaxes non formais
- A coordinación, xestión e desenvolvemento do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais nas diferentes cualificacións profesionais que compoñen o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais
- A expedición e rexistro das unidades de competencia das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais
- Páxina de recoñecemento da experiencia profesional
- Certificados de profesionalidade
- A participación na elaboración do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade, así como na súa actualización permanente.
- A expedición e rexistro dos certificados de profesionalidade e das acreditacións parciais de unidades de competencia.
- Páxina de Certificados de profesionalidade
- Certificacións persoais de gases fluorados
- A expedición e rexistro de certificacións persoais para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados neles de acordo coa distribución de competencias recollidas no Decreto 100/2011, de 19 de maio.
- Páxina de gases fluorados