Programas mixtos de formación e emprego

Son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
 

Compártao :

Compartir

Cales son?

  • Obradoiros duais de emprego
  • Programas de emprego para persoas mozas 

Obradoiros duais de emprego

Requisitos para poder participar como alumno/a traballador/a

  • Ter dezaoito ou máis anos de idade.
  • Estar en situación de desemprego e inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Poder realizar un contrato para a formación en alternancia, co obxecto de estar vinculado/a ao obradoiro dual de emprego mediante un contrato de tales características.
  • No caso de que a formación vaia dirixida á obtención de certificados profesionais de nivel de cualificación 2 ou 3, deben cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os devanditos certificados (formación académica ou, no seu defecto, as competencias clave que correspondan).  

Formación e duración

A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de nove meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

Retribucións

Desde o inicio da súa participación no obradoiro dual de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.

Quen pode solicitalas?

Concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións.

Financiamento

O importe da subvención de obradoiros duais de emprego está financiado por fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Que tipo de actividades realizan?

  • Recuperación do patrimonio artístico, histórico cultural ou natural.
  • Rehabilitación de contornas urbanas ou ambientais.
  • Mellora das condicións de vida das vilas e cidades mediante a dotación de servizos sociais e comunitarios.
  • Recuperación de oficios artesanais ou tradicionais.
  • Prestación de servizos personalizados de carácter cotián.
  • Enerxías renovables.
  • Conservación, reforma e posta en valor das rutas de peregrinación delimitadas do Camiño de Santiago. Especialidades relacionadas co fomento das TIC (tecnoloxía da información e a comunicación) e a economía dixital.
  • Especialidades forestais, seguridade e ambiente relacionadas coa vixilancia e extinción de incendios forestais e tamén coa construción, instalación e mantemento de infraestruturas de prevención e extinción.
  • Calquera outra actividade que permita a inserción a través da profesionalización e da adquisición de experiencia dos/as participantes que posibilite a súa posterior inserción laboral.

Que formación se imparte?

  • Formación profesional para o emprego específica da especialidade que se vai cursar alternándoa coa práctica profesional. A devandita formación adecuarase, na medida do posible, á obtención do correspondente certificado profesional.
  • Formación complementaria que inclúe módulos de informática, sensibilización ambiental, igualdade de xénero, prevención de riscos laborais, así como asesoramento e orientación laboral.
  • Formación específica co obxecto de que todo/a alumno/a traballador/a que non teña a titulación de educación secundaria obrigatoria poida acadar a devandita titulación.

Programa de emprego para mozos e mozas

Requisitos para poder participar como alumno/a traballador/a

  • Ter dezaoito ou máis anos de idade.
  • Estar inscrito/a e en situación de persoas beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e ademais deberán manter o cumprimento dos requisitos para ser considerada persoa beneficiaria con carácter previo a participar nun obradoiro de emprego.
  • Poder realizar un contrato para a formación en alternancia, co obxecto de estar vinculado/a ao programa mediante un contrato de tales características.
  • No caso de que a formación vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, deben cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os devanditos certificados (formación académica ou, no seu defecto, as competencias clave que correspondan).

Formación e duración

A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de seis meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

Retribucións

Desde o inicio da súa participación no programa de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

Quen pode solicitalas?

Concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades, cuxa titularidade corresponda integramente a este.

Financiamento

O importe da subvención de programas de emprego para persoas mozas  será cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027 ao 60% e por fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal, ao 40%. 

Que tipo de actividades realizan?

  • Recuperación do patrimonio artístico, histórico cultural ou natural.
  • Rehabilitación de contornos urbanos ou ambientais.
  • Mellora das condicións de vida das vilas e cidades mediante a dotación de servizos sociais e comunitarios.
  • Recuperación de oficios artesanais ou tradicionais.
  • Prestación de servizos personalizados de carácter cotián.
  • Enerxías renovables.
  • Especialidades relacionadas co fomento das TIC (tecnoloxía da información e a comunicación) e a economía dixital.
  • Calquera outra actividade que permita a inserción a través da profesionalización e da adquisición de experiencia dos/as participantes que posibilite a súa posterior inserción laboral.

Que formación se imparte?

  • Formación profesional para o emprego específica da especialidade que se vai cursar alternándoa coa práctica profesional. A devandita formación adecuarase, na medida do posible, á obtención do correspondente certificado profesional.
  • Formación complementaria que inclúe módulos de informática, sensibilización ambiental, igualdade de xénero, prevención de riscos laborais, así como asesoramento e orientación laboral.
  • Formación específica co obxecto de que todo/a alumno/a traballador/a que non teña a titulación de educación secundaria obrigatoria poida acadar a devandita titulación.

 

Onde se pode obter máis información?

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego
Servizo de promoción de competencias para o emprego
Tel. 981 547224 / 981 547 225/  981547227
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
obradoiros.emprego.santiago@xunta.gal


Servizos de Formación e Cualificación para o Emprego dos Departamentos Territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración 

A Coruña
Tel. 881 881 597/ 881 881 579/ 881 881 561
Rúa Gregorio Hernández, 2-4
15071 A Coruña
obradoirosdeemprego.traballo.coruna@xunta.gal  

Lugo
Tel. 982 294 257/982 294 905
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
obradoiros.emprego.lugo@xunta.gal 

Ourense
Tel. 988 386 827/988 386 820
Avenida da Habana, 79
32071 Ourense
obradoiros.emprego.ourense@xunta.gal 

Pontevedra
Tel. 986 817 022/ 986817033
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 Vigo
escolas.obradoiro.ctr.vi@xunta.gal