Presentación de solicitudes
Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso que a solicitude se envíe por correo postal, hai que dirixila a:
Instituto Galego das Cualificacións
Dirección Xeral de Formación e Colocación
Consellería de Emprego e Industria
Edificio administrativo San Lázaro S/N - 15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
Documentación necesaria
- Modelo de solicitude cuberto (TR308A).
- Copia de diploma/certificación de todos os módulos formativos e a exención do módulo de prácticas non laborais, no seu caso.
- Copia da acreditación de cumprir os requisitos académicos ou de acceso á formación realizada.
- No caso do procedemento de recoñecemento da competencia profesional, copia da acreditación das unidades de competencia obtidas polo procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, de 17 de xullo (modificado polo Real Decreto 143/2021, de 9 de marzo).
- No caso de ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, copia da certificación dos módulos profesionais relacionados co certificado de profesionalidade solicitado.
Trámites posteriores
- PR004A para calquera trámite posterior