-
Formación
- Busca de formación
- Bonos Talento Empresa
- Certificados profesionais
- Cualificacións profesionais
- Competencias clave
-
Formación para o emprego
- Accións formativas para persoas traballadoras desempregadas (TR301K)
- Accións formativas dirixidas a persoas traballadoras ocupadas - Sistema de Formación Profesional (TR301X)
- Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas - especialidades catálogo SEPE (TR302A)
- Accións formativas con compromiso de contratación (TR301P)
- Acordo de colaboración
- Buscador de especialidades formativas
- Sistema de control de presenza (COBIPE)
- Docentes
- SIFO
- Homologación de Centros e Entidades de Formación para o Emprego na modalidade de teleformación
- Homologación de Centros e Entidades de Formación para o Emprego na modalidade presencial
- Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas
- Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego
- Rede de centros e entidades de formación para o emprego
- Formación de iniciativa privada
- Gases fluorados
- Módulos transversais
- Programas mixtos de formación e emprego
- Recoñecemento da experiencia profesional
Certificados profesionais Grao C
Qué é un certificado profesional Grao C do Sistema de Formación Profesional?
Son títulos oficiais que acreditan as competencias profesionais adquiridas e corresponden ao grao C do Sistema de Formación Profesional.
Os certificados profesionais, incluídos no Catálogo Nacional de Ofertas de Formación Profesional, teñen validez en toda España e certifican que a persoa que os obtén posúe a capacitación para desenvolver unha actividade laboral de acordo coas esixencias do mercado de traballo.
O certificado profesional ten unha dobre validez: profesional, porque acredita as competencias requiridas para exercer unha determinada profesión, e académica dentro do Marco do Sistema de Formación Profesional, en tanto que permite a continuidade do itinerario formativo e a progresión cara a outro certificado de nivel superior ou un grao D.
Regúlanse na Lei Orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional, e o Real Decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional, e de forma específica nos Reais Decretos correspondentes a cada certificado profesional.
Que é unha competencia profesional?
Unha competencia profesional comprende os coñecementos e destrezas necesarios para exercer unha actividade laboral concreta en función das necesidades do mercado de traballo.
Que é o Catálogo Nacional de ofertas de Formación Profesional?
O catálogo é o instrumento que incorpora todas as ofertas do Sistema de Formación Profesional, recoñecidas e acreditables no marco do Sistema, entre as que se inclúen os certificados profesionais, Grao C. Estas ofertas teñen carácter modular e acumulable, permitindo ás persoas interesadas progresar con base en itinerarios formativos conducentes a acreditacións, certificados e titulacións con recoñecemento estatal e, no seu caso, europeo.
Como podo saber que certificados profesionais existen?
Os certificados profesionais agrúpanse en 28 familias profesionais e 3 niveis de cualificación (1, 2 e 3) asignados segundo criterios acordes aos establecidos a escala europea, relativos a coñecementos, iniciativa, autonomía, responsabilidade e complexidade das tarefas.
Accedendo a https://www.todofp.es/buscadorgradosfp/buscador?grado=C pode buscar aquel ou aqueles certificados profesionais do seu interese. Tamén na seguinte ligazón ao Catálogo Nacional de ofertas do sistema: https://www.todofp.es/catalogos-registros-sistema-fp/catalogo-nacional-ofertas-sistema.html
Como podo obter un certificado profesional?
Existen distintas vías:
- Formación oficial: Sempre que se cumpran os requisitos de acceso*, cursando certificados profesionais grao C en centros autorizados pola administración competente e superando a totalidade dos seus módulos, incluíndo o período de formación en empresa.
- Acumulación de acreditacións parciais (certificados de competencia de Grao B) que completen a totalidade do currículo e os módulos profesionais incluídos no Grao C, sempre que se obtivese a exención do período de formación en empresa ou se realizara o mesmo cunha duración de 80 h.
- Acreditación de competencias: Obter a acreditación de todos os estándares de competencia (UC) asociados a un grao C, tras participar no procedemento de acreditación oficial de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou formación non formal.
En Galicia, este procedemento (ara) desenvólveo a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Accedendo a https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita poderá atopar información sobre o mesmo.
Podo cursar calquera certificado profesional?
Os certificados profesionais agrúpanse en tres niveis: 1, 2 ou 3. Para poder acceder a un certificado profesional cómpre cumprir unha serie de requisitos en función do nivel da formación.
Nos certificados de nivel 1 non se exixen requisitos académicos nin profesionais, aínda que si se deben posuír as habilidades de comunicación lingüística que permitan a aprendizaxe.
Para o acceso aos certificados de nivel 2 ou 3, e cando non se cumpran os requisitos académicos de acceso que se establezan, estes poderán substituírse pola superación dun proba ou a realización de cursos de formación (competencias clave) que permitan verificar que a persoa dispón dos coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento a formación.