- Inicio
- Áreas
- Formación
- Bonos Talento Empresa
-
Tramitación - Modelos 2026-2027
- Obxecto e contía das subvencións
- Infografía - Resumo
- Convocatoria 2026-2027
- Convocatoria 2025-2026
- Convocatoria 2024-2025
- Convocatoria 2023-2024
- Solicitude - Anexos
- Tramitación - Modelos 2026-2027
- Tramitación - Modelos 2025-2026
- Ligazóns e documentación relacionadas
- Normativa relacionada
- Puntos de información
-
Bonos Talento Empresa
- Obxecto e contía das subvencións
- Infografía - Resumo
- Convocatoria 2026-2027
- Convocatoria 2025-2026
- Convocatoria 2024-2025
- Convocatoria 2023-2024
- Solicitude - Anexos
- Tramitación - Modelos 2026-2027
- Tramitación - Modelos 2025-2026
- Ligazóns e documentación relacionadas
- Normativa relacionada
- Puntos de información
-
Bonos Talento Empresa
- Obxecto e contía das subvencións
- Infografía - Resumo
- Convocatoria 2026-2027
- Convocatoria 2025-2026
- Convocatoria 2024-2025
- Convocatoria 2023-2024
- Solicitude - Anexos
- Tramitación - Modelos 2026-2027
- Tramitación - Modelos 2025-2026
- Ligazóns e documentación relacionadas
- Normativa relacionada
- Puntos de información
Trámites posteriores á solicitude: modelos e documentación xustificativa 2026-2027
A.- Previo ao inicio das accións formativas
Comunicación dos datos xerais e calendario do curso, con polo menos 7 días naturais de antelación ao inicio de cada acción formativa.
Para esta comunicación as entidades beneficiarias poderán empregar o Modelo de Comunicación Previa Inicio Formación.
B.- Durante a realización das accións formativas
As entidades beneficiarias quedan obrigadas a cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación que derivan da cofinanciación polo FSE+ e a Xunta de Galicia. (Artigo 26.2.e). En particular, nos espazos nos que se desenvolvan as actuacións contarán co emblema da Unión Europea, xunto cunha declaración de "Cofinanciado pola Europea" e co novo logotipo de Fondos Europeos (ademais do logo corporativo da Xunta de Galicia).
Estes logotipos poden ser descargados na páxina web dos Fondos Estruturais de Galicia, así como nesta páxina do portal da Xunta de Galicia.
As entidades beneficiarias, en particular, deberán:
a) Nos lugares de realización da actuación informar do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación nun lugar ben visible para o público.
- Modelo de Cartel FSE+ - Versión Libre Office (ODT)
- Modelo de Cartel FSE+ - Versión Microsoft Office (DOCX)
- Modelo de Cartel FSE+ - Versión Adobe Acrobat (PDF)
b) Farase unha breve descrición da actuación na páxina web e nas contas nos medios sociais, no caso de dispoñer delas, mencionando os obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea. Exemplos de Modelo de páxina web e RRSS
c) En todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da actuación, destinados ao público ou ás persoas participantes, proporcionarase unha declaración que saliente a axuda da Unión Europea de xeito visible. Modelo Documentos FSE+
Por outra banda, as entidades beneficiarias destas axudas quedan obrigadas a facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade, que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e de resultados inmediatos e a longo prazo (artigo 26.2.g).
Para estes efectos, facilitarase á entidade beneficiaria o acceso á aplicación Participa2127 e os oportunos cuestionarios. As entidades beneficiarias deberán introducir os datos dos indicadores de realización e de resultados das persoas participantes na aplicación informática Participa 2127.
C.- Para pagamento anticipado
Modelo de solicitude de pago anticipado
D.- Para xustificación final da subvención e liquidación
- Modelo de solicitude de pagamento final
- Memoria de actuación xustificativa (odt) - (docx)
- Modelo de memoria económica-xustificativa (ods) - (xls)
- Modelo de actas de asistencia de todas as accións formativas, que deberán estar firmadas polo alumnado á entrada e á saída da acción formativa e pola persoa representante da entidade, mediante as que quedará constancia do control diario da asistencia.
- No caso de facer uso do aula virtual, comprobarase ademais o rexistro de conexións do alumnado na plataforma do Campus Virtual de Formación para o Emprego correspondentes aos días da acción formativa.
- Documentación xustificativa dun sistema de xestión do tempo verificable para o custo unitario 2 (módulo salario), é dicir, os rexistros de tempo de traballo que a empresa utiliza de forma habitual: partes de traballo, rexistros de traballo (dixitalizados ou non) ou similares.
- Informe de vida laboral do código ou códigos de cotización correspondente á persoa ou entidade beneficiaria, desde cando menos o día anterior ao inicio da primeira das accións formativas que teña realizado ao abeiro da presente convocatoria e ata a data de xustificación.
- Documentación xustificativa das probas realizadas:
- preferentemente un acta de avaliación asinada polo representante legal da entidade solicitante e o responsable da acción formativa, xunto cun exemplar de cada tipo de proba,
- ou senón deberá presentarse todas as probas realizadas polo alumnado.
- En cada proba deberá quedar perfectamente indicado o tipo/número de proba, nome e apelidos do/a alumno/a, data e hora de realización, e sinatura do/a alumno/a.
- Documentación xustificativa das acreditación entregadas ao alumnado por ter participado nas accións formativas:
- preferentemente un acta de entrega e recollida das acreditacións asinada polo representante legal da entidade solicitante e cada un/ha dos alumnos/as, xunto con un exemplar das acreditacións,
- ou senón deberán presentarse todas as acreditacións entregadas ao alumnado.
- En cada acreditación deberá incluírse todos os datos contemplados no artigo 8.9. As entidades solicitantes poderán empregar o Modelo de acreditación de participación nas accións formativas que teñen dispoñible na páxina web dos Bonos Talento Empresa.
- No caso de opoñerse á consulta por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ou no suposto de non prestar consentimento ao que se refire o artigo 19 da orde de convocatoria, certificado de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias e coa seguridade social, e que non teñen pendente de pago ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, e de que están ao día no pago das obrigacións por reintegro.
- Outra documentación xustificativa ou informes, que de acordo coa normativa autonómica, nacional ou europea, resulten esixibles.
- En caso de asistencia a xornadas, feiras etc., vinculadas coa temática obxecto da formación:
- Outra documentación xustificativa ou informes.