Solicitude, anexos e documentación complementaria

Compártao :

Compartir

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Esta obrigación de presentación electrónica mantense durante toda a tramitación do expediente.

Documentación complementaria

Modelo de solicitude procedemento TR302D (anexo I) cuberto ao que deberán achegar a seguinte documentación:

  • Anexo II: Memoria do proxecto formativo
  • Anexo III: Ficha de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas
  • Anexo IV: Declaración da condición de PEME: mediana, pequena empresa ou microempresa, de ser o caso. 
    • * A efectos de calcular a porcentaxe de intensidade máxima (50, 60 ou 70%) do gasto subvencionable, en función do tamaño da empresa. 
    • * Deberán cubrir este Anexo IV todas as entidades solicitantes, independentemente de se son empresas ou autónomos. 
    • * Non é necesario que o cubran as grandes empresas, ás que se lle aplicará a intensidade do 50%.
  • Anexos IV-A e IV-A.1, soamente no caso de PEMEs que sexan empresas asociadas (Definición Artigo 3.5).
  • Anexos IV-B e IV-B.1 soamente no caso de PEMEs que sexan empresas vinculadas (Definición Artigo 3.4). 
  • Cando se actúe mediante representación documento público acreditativo do poder co que actúa a persoa representante da entidade solicitante (escrituras, poder bastanteado, entre outros)
  • Documentación xustificativa da constitución da empresa, segundo corresponda: 
    • No caso das entidades que estean obrigadas á inscrición no Rexistro Mercantil ou en calquera outro rexistro público, nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, na que se especifique a data de constitución, o obxecto social, sede social e clasificación CNAE. 
    • No suposto de que sexan empresas que non están obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou en calquera outro rexistro público ou que non teñan o domicilio social en Galicia, documentación acreditativa da constitución (escrituras e as súas modificacións), na que se especifique a data en que se produciu esta. 
    • No caso de persoas traballadoras autónomas, informe de vida laboral actualizado.
  • Documentación xustificativa do último exercicio fiscal pechado, segundo corresponda pola forma xurídica da entidade solicitante: 
    • Modelo 200  - Imposto de sociedades 
    • Modelo 100  - Imposto da renda das persoas físicas 
    • Modelo 184 - Declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas 
  • Informe de traballadores/as en alta (ITA) emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social á data de solicitude da axuda.
  • Informe de cadro de persoal medio anual emitido pola Tesourería Xeral Seguridade Social,  do ultimo exercicio fiscal pechado. 
  •