Obxecto e contía das subvencións

Proxecto formativo – Accións formativas

A entidade solicitante só poderá solicitar un proxecto formativo que como máximo poderá conter ata tres accións formativas; cada unha das accións formativas poderá ter unha duración mínima de 16 horas e máxima de 100.

As accións formativas solicitadas deben ser de formación non formal, non deben atoparse incluídas na oferta de formación, formal e non formal, recollida no Catálogo de Especialidades Formativas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Pode consultalo nas seguintes ligazóns:

Estas accións formativas deberán ser executadas en modalidade presencial e poderá realizarse en Aula Virtual e, nese caso, deberá empregarse o Campus Virtual de Formación para o Emprego que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon a disposición.

As persoas participantes nas accións formativas terán dereito a recibir unha acreditación de ter participado, se asisten ao 80% do total de horas de formación, e ademais teñen realizadas as probas de coñecemento establecidas:

  • unha proba por cada 8 horas, cando a duración da acción formativa sexa inferior a 24 horas
  • ou unha proba por cada 16 horas, cando a duración da acción formativa sexa igual ou superior a 24 horas. 

Contía da subvención: 

O gasto máximo subvencionable de cada acción formativa determinarase mediante a suma de:

a) 18,09 euros por hora de formación polo número de persoas asalariadas pertencentes ao cadro de persoal da entidade solicitante que realizan a acción formativa.

b) 20,42 euros por hora de formación realizada DENTRO do horario laboral para cubrir o salario aboado ás persoas asalariadas polo número de persoas asalariadas pertencentes ao cadro de persoal da entidade solicitante que participan na acción formativa.

En todo caso, a intensidade máxima da axuda solicitada está limitada a:

  • 50% dos custos subvencionables para as grandes empresas,
  • 60% dos custos subvencionables para as medianas empresas,
  • 70% dos custos subvencionables para as pequenas empresas e microempresas,
  • 100% para empresas do sector do transporte marítimo, que cumpran as condicións establecidas.

A contía máxima da subvención por entidade solicitante non poderá ser superior a 25.000 euros.

* O tempo dedicado aos cursos de formación refírese ao tempo de traballo remunerado (en horas) dedicado a cursos de formación, cubrindo tan soó o tempo real de formación e unicamente o dedicado durante o tempo de traballo remunerado.

* O número de horas deberá demostrarse mediante un sistema de xestión do tempo verificable en consonancia coas prácticas nacionais habituais aceptadas: é dicir, os rexistros de tempo de traballo que a empresa utiliza de forma habitual: partes de traballo, rexistros de traballo (dixitalizados ou non) ou similares.

O procedemento de concesión de subvencións tramitarase e resolverase en réxime de concorrencia non competitiva, ata o esgotamento do crédito orzamentario. 

Na orde de prelación que se siga para a súa resolución terase en conta a data en que as solicitudes reúnan os todos os requisitos e/ou documentación requirida, unha vez emendada a ausencia ou insuficiencia que no seu caso se apreciou polo órgano convocante.