Convocatoria 2024-2025

Orde do 10 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de corta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2024-2025 (código de procedemento TR302D).

Resolución do 20 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas dos Bonos Talento empresa para a realización de proxectos formativos de corta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2024-2025 (código de procedemento TR302D).

O prazo de presentación de solicitudes polas entidades beneficiarias será ata o 16 de setembro de 2024, ou ata que se produza  o esgotamento do crédito asignado a esta convocatoria, que se publicaría no DOG e nesta páxina web. 

O prazo máximo para a resolver pola Dirección Xeral de Formación e Cualificacións para o Emprego, será de dous meses desde a presentación da solicitude. 

Ano/s

O período de realización das accións formativas: 

O prazo para a xustificación final:

Para aquelas accións formativas que se desenvolvan exclusivamente no ano 2024 Desde o día seguinte ao da publicación da presente orde ata o 15 de novembro de 2024, ambos incluídos. Ata o 30 de novembro de 2024
Para aquelas accións formativas que se desenvolvan entre 2024 e 2025 ou exclusivamente no ano 2025 Desde o 16 de novembro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambos incluídos. Ata o 15 de outubro de 2025