Gases fluorados

As consellerías competentes na expedición dos certificados persoais son a Consellería de Emprego e Igualdade e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, mentres que os certificados de empresa os expide a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Compártao :

Compartir

A norma de referencia é o Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os empregan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados (BOE núm. 42, do 18 de febreiro de 2017).

En Galicia, as competencias relacionadas co RD 115/2017 distribuíronse mediante o  Decreto 100/2011, do 19 de maio, polo que se regula a distribución de competencias en materia de expedición de certificados para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados neles (DOG núm. 105, de 1 de xuño).