Convocatoria de probas de competencias clave 2026

20ª convocatoria de competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais nivel 2 e 3 de cualificación

Resolución do 12 de decembro de 2025 - DOG do 14 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2026

Modelo de solicitude: TR306A - Probas de competencias clave  

Resolución do 12 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se aproba a relación provisional das persoas admitidas e excluídas para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais dos niveis 2 e 3 de cualificación. 

Resolución do 27 de marzo de 2026, da Dirección Xeral Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais dos niveis 2 e 3 de cualificación.

Data de realización das probas: sábado, 16 de maio de 2026. 

Lugar de realización das probas: Recinto feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra).


Calendario previsto

 

Datas

Prazo de presentación de solicitudes

Un (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Publicación da relación provisional de persoas admitidas

Aproximadamente un (1) mes logo do remate do prazo de presentación de solicitudes

Presentación de alegacións

Catro (4) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación provisional

Publicación da relación definitiva de persoas admitidas

Unha (1) semana despois da finalización do prazo de presentación de alegacións

Realización da proba

Previsiblemente na segunda (2ª) quincena de maio

Realización da proba

Aproximadamente un (1) mes desde a realización das probas. Os resultados provisionais serán publicados na web da Consellería 

Presentación de reclamacións

Catro (4) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados provisionais

Publicación dos resultados definitivos das probas

Unha (1) semana logo do remate do prazo de presentación de reclamacións

Envío de correo electrónico solicitando participar na proba adicional

Desde a publicación dos resultados definitivos ata o un (1) de setembro

Realización da proba adicional

Previsiblemente na primeira (1ª) quincena de outubro

 

Aviso importante: a través desta páxina web irase actualizando a información  que sexa necesaria. 

Máis información

Teléfonos: 981 546 858/ 981 546 843 / 981 546 845 / 981 546 854

Documentos relacionados