A rede de centros e entidades de formación para o emprego está integrada por centros da Consellería de Economía, Emprego e centros integrados dependentes tanto desta como da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria xestiona 13 centros de formación espallados polas catro provincias e dotados dos medios materiais e didácticos necesarios para impartir axeitadamente os coñecementos teóricos e prácticos que se requiren para acadar unha formación profesional de calidade.
Centros de Formación Profesional Ocupacional
Unidades de Acción Formativa
Son pequenos centros localizados en comarcas con menor volume de poboación con necesidades formativas determinadas. Son as seguintes:
Centros Integrados
Existe unha serie de centros de formación profesional que dependen conxuntamente da administración laboral e da administración educativa e que inclúen na súa acción formativa as ensinanzas propias da formación profesional inicial, as accións de inserción e reinserción laboral dos/as traballadores/as e as da formación permanente dirixidas á poboación traballadora ocupada. É dicir, ofrecen formación dos tres subsistemas da formación profesional: inicial ou regrada, ocupacional e continua.
Os centros integrados que funcionan actualmente na nosa Comunidade Autónoma son os seguintes:
Centros integrados dependentes da Consellería
Centros e entidades inscritas ou acreditadas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego- Normativa de acreditación de centros e entidades de formación para o emprego
- Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral
- Instrucións relativas aos criterios a seguir nas visitas de comprobación e verificación ás entidades de formación para o emprego a realizar polo persoal técnico das xefaturas territoriais