O sistema de control de presenza (COBIPE) permite o seguimento e control do alumnado e dos/as docentes.
Información e requisitos
- Preguntas frecuentes
- Requisitos técnicos
- Manual de usuario
- Manual de usuario para técnicos/as da consellería
Acceso ao sistema de control de presenza nos cursos de formación
Accédese ao sistema a través da aplicación COBIPE instalada no PC. Consulte os detalles de instalación no manual de usuario.
Soporte
O soporte da aplicación é gratuíto e proporcionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Non se pode proporcionar soporte ao hardware a instalar no centro necesario para o funcionamento de COBIPE (ordenador, lector, dispositivos de rede etc.).
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración reitera que non existe ningunha empresa instaladora preferente nin existe ningún proceso de homologación de instaladores, sendo a consellería completamente allea ás empresas que fan instalacións ou comercializan solucións "chave en man".
Ante calquera dúbida, contacte co CAU para esclarecela. O contacto de Soporte e do CAU é:
Correo electrónico: soporte-cobipe@xunta.gal
Teléfono: 981 939 350
Horario de atención telefónica do CAU, de luns a venres:
- Durante os meses de xullo e agosto, de 8:00 a 15:00
- Durante os meses de setembro a xuño, de 8:00 a 15:00 e de 16:00 a 18:00
Para poder tramitar erros é necesario que indique no correo electrónico os seguintes datos:
- CIF da entidade
- Nome da entidade
- Número do curso
- Listado de alumnado e docentes que non puideron fichar (nome, apelidos e DNI)
- Captura de pantalla onde se mostre o erro que se produce e a hora na que se produce