Observatorio do Emprego
O servizo de Observatorio do Emprego é a unidade técnica para coñecer o funcionamento do mercado laboral, proporcionando información clave para o deseño das políticas de formación profesional.
Obxectivos
- Coñecer a situación do mercado de traballo e a súa futura evolución, descubrindo e estudando os factores que o condicionan e determinan.
- Coñecer como varían as ocupacións, que requisitos profesionais son os que máis se solicitan e, polo tanto, cales son as necesidades de formación detectadas.
- Coñecer as posibilidades de emprego e as necesidades de formación por actividades e para os colectivos con peor situación no mercado de traballo, segundo a evolución e perspectivas de emprego e a formación.
Funcións
- Análise permanente dos datos estatísticos oficiais dispoñibles sobre a situación laboral de Galicia.
- Realización de informes técnicos que compilan a evolución das variables máis relevantes e difusión de información a través de ferramentas en calquera formato.
- Análise, seguimento e información sobre as profesións reguladas, estruturas ocupacionais e perfís profesionais asociados ás cualificacións profesionais.
- A detección das necesidades de cualificación dos/as traballadores/as e o seguimento da inserción laboral resultante das accións formativas da formación profesional para o emprego.
- A coordinación, xestión e desenvolvemento das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade.
Ligazóns relacionadas