Solicitude de peche de ofertas
O procedemento de peche dunha oferta correspóndese coa finalización do ciclo de intermediación laboral.
Para que se poida levar a cabo o/a empresario/a indicará, se selecciona ou non, para cada unha das persoas candidatas enviadas por parte da Oficina de Emprego encargada de xestionar a oferta.
Unha vez se produza a condición anterior, o/a empresario/a pode solicitar un peche de oferta, impedindo o envío de máis candidatos/as por xa atopar os necesarios para cubrir o posto de traballo ofertado.
Para levar a cabo o peche dunha oferta de traballo, o/a empresario/a pode desprazarse á Oficina de Emprego encargada da xestión da oferta e correspondente ao código postal de situación do posto de traballo, ou ben, a través da web corporativa do Servicio Público de Emprego de Galicia.
Ligazóns relacionadas
Documentos relacionados
- Modelo de preoferta
Contactos relacionados
-
Atención ao demandanteTeléfono: 012
-
Atención ao ofertanteTeléfono: 012