GalegoCastellano
Servizos para o/a empresario/a

Información sobre a creación de preofertas, a selección de candidatos/as, a solicitude de peche de ofertas e a creación e xestión de contratos.

Compártalo :

Compartir

Desde o Servizo Público de Emprego de Galicia ofrécese a posibilidade de buscar persoas con perfís ocupacionais que se axusten aos requisitos dos postos que o empresario quere cubrir, coa perspectiva de que non se deixe sen cubrir ningún posto de traballo por non encontrar candidatos idóneos.

Para posibilitar unha maior eficacia deste servizo, dende a rede de oficinas de emprego facilítase apoio especializado para definir os requisitos da oferta e identificar con precisión a ocupación ou ocupacións que se quere buscar ou, se se prefire, contar co apoio do Servizo Público de Emprego de Galicia para financiar accións de formación específicas con compromiso de contratación dos asistentes, para contar con persoas formadas exactamente de acordo ás necesidades empresariais.

Ademais, ofrécese a posibilidade de que se comuniquen as contratacións realizadas de forma presencial na oficina de emprego, ou directamente dende a aplicación Contrat@, e infórmase de incentivos para a contratación de determinados colectivos ou para o fomento do emprego que estean vixentes, e poidan supoñer unha minoración dos custos asociados a unha nova contratación.

Para lograr estes obxectivos, ten á súa disposición todos os servizos prestados polo Servizo Público de Emprego de Galicia:

De forma agrupada, os servizos aos que ten acceso nas oficinas de emprego son os seguintes:
 

  • Inscrición (requisito previo á presentación de ofertas)
  • Presentación de ofertas (procura de traballadores)
  • Xestión e seguimento de ofertas (selección de traballadores)
  • Contratación (información sobre modalidades de contratos, comunicación de contratos e consulta de contratos)
  • Axudas (información sobre incentivos á contratación)
  • Outros servizos (Información sobre programas de formación para traballadores en activo e programas de formación con compromiso de contratación)
  • Axuda ao empleador para a selección de Persoas Maiores (www.mature-project.eu)

 

Contactos relacionados
  • Atención ao demandante

    Teléfono: 012