Rexistro de coordinadores de seguridade e saúde laboral

É un rexistro público e voluntario para incentivar a cualificación dos/as profesionais que actúen como coordinadores e coordinadoras de seguridade e saúde nas obras de construción, así como para promocionar a súa formación na materia.

Compártao :

Compartir

Normativa

  • Decreto 153/2008, do 24 de abril, polo que se crea o Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción (DOG núm. 145 do 29 de xullo de 2008).
  • Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se adapta o modelo de solicitude do Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción da Comunidade Autónoma de Galicia e se incorpora á sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG núm.138 do 21 de xullo de 2016).

Ámbito de aplicación

Poderán solicitar voluntariamente a inscrición neste rexistro as persoas que:

  • Reúnan as condicións mínimas para actuar como coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción.
  • Conten ademais con formación preventiva especializada, conforme ao programa formativo que se inclúe no anexo I do Decreto 153/2008, do 24 de abril.

Procedemento de inscrición no rexistro

As persoas que desexen inscribirse no rexistro deberán presentar a solicitude preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben poderán presentar a solicitude en soporte papel en calquera dos rexistros establecidos.

  • Correspóndelle á Secretaría Xeral de Emprego ditar a resolución de inscrición no rexistro.
  • A resolución dos expedientes deberá producirse no prazo de 3 meses. Transcorrido o citado prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase denegada.