- Inicio
- Áreas
- Seguridade e saúde laboral
- 
								
								
									
								
								
																		
								
							
								Rexistro de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción 
								
								
									- Entidades auditoras
- Entidades formativas de coordinadores de seguridade e saúde laboral
- Exención de auditorías
- Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
- Oferta formativa
- Órganos técnicos e órganos asesores
- Servizos de prevención alleos
- Rexistro de coordinadores de seguridade e saúde laboral
- Rexistro de coordinadores en materia de seguridade e saúde nas obras de construción
- Rexistro de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción
- Rexistro de empresas sancionadas por infraccións en materia de prevención de riscos laborais
 
- 
													
			
					
			
			
			
			 
														
			
			
			
				Seguridade e saúde laboral
				
			
			
			
				- Entidades auditoras
- Entidades formativas de coordinadores de seguridade e saúde laboral
- Exención de auditorías
- Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
- Oferta formativa
- Órganos técnicos e órganos asesores
- Servizos de prevención alleos
- Rexistro de coordinadores de seguridade e saúde laboral
- Rexistro de coordinadores en materia de seguridade e saúde nas obras de construción
- Rexistro de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción
- Rexistro de empresas sancionadas por infraccións en materia de prevención de riscos laborais
 
- 
					
												
						
																	
							
							
							
										
							
							
							
							
								Seguridade e saúde laboral
							
						
					
					- Entidades auditoras
- Entidades formativas de coordinadores de seguridade e saúde laboral
- Exención de auditorías
- Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
- Oferta formativa
- Órganos técnicos e órganos asesores
- Servizos de prevención alleos
- Rexistro de coordinadores de seguridade e saúde laboral
- Rexistro de coordinadores en materia de seguridade e saúde nas obras de construción
- Rexistro de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción
- Rexistro de empresas sancionadas por infraccións en materia de prevención de riscos laborais
 
REA - Rexistro de Empresas Acreditadas de Galicia para intervir no proceso de contratación no sector da construción
Unidade responsable: Secretaría Xeral de Emprego
Información e contacto
 
 Para consultar dúbidas sobre o REA de Galicia:
- Correo: rea.galicia@xunta.gal
- Teléfono 012: información administrativa da Xunta de Galicia
- Desde fóra de Galicia : 902 12 00 12
- Desde o estranxeiro : 981 545 734, 981 544 785 ou 981 957 758
Normativa
- Orde do 15 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro de Empresas Acreditadas de Galicia para intervir no proceso de contratación no sector da construción
- Información sobre a Lei reguladora da subcontratación no sector da construción. A Lei da subcontratación:     - O 19 de abril de 2007 entra en vigor a Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación.
- Nos seguintes documentos encontrará información resumida sobre os aspectos máis salientables da Lei, e aclaracións sobre as obrigas esixidas pola Lei e o momento no que son esixibles.
- O libro de subcontratación
 
 Renovación da inscrición no REA
 
 As empresas inscritas no REA deberán renovar a súa inscrición dentro do período dos seis meses anteriores á data de caducidade da referida inscrición. Para isto, o programa informático emitirá, ao inicio dese período de seis meses, un aviso ao correo electrónico que figura na correspondente inscrición. Non obstante, en caso de non recibilo, poderán igualmente facer a renovación a través do programa informático da páxina web https://expinterweb.mites.gob.es/rea dentro do referido período de seis meses.
 
 Para a renovación, ademais de actualizar os datos e condicións da empresa, deberán achegar, coma no caso da inscrición, os seguintes documentos en pdf:
- Certificación de formación: deberán enviar este modelo de certificación acreditativa da formación (elaborado polos representates empresariais). Con este documento estarán acreditando a formación que establece a Lei 32/2006, de subcontratación. As empresas ás que lles sexa de aplicación o Convenio Colectivo Xeral da Construción, deberán acreditar a formación establecida no seu Título III, primeiro e segundo ciclos (formación inicial e específica). Moi importante: xunto con este certificado non deberán incluír ningún outro documento nin anexo.
- Contrato/concerto co servizo de prevención: deberán acreditarse tanto as especialidades técnicas como a vixilancia da saúde. No caso de tratarse de servizos de prevención ALLEOS á empresa, se teñen contratadas as especialidades técnicas e vixilancia da saúde mediante contratos independentes, deberán escanear os dous contratos xuntos no mesmo pdf.
 
Organización do rexistro
 
 O Rexistro de Empresas Acreditadas de Galicia só admite realizar as correspondentes inscricións por vía telemática.  Esta é a páxina de entrada ao REA de Galicia e nel débense rexistrar as empresas:
- empresas con domicilio social en Galicia
- empresas estranxeiras que despracen traballadores a España, por 1ª vez dende que se constitúa o REA, no marco dunha prestación de servizos transnacional (Lei 45/1999, do 29-11) e a devandita prestación se vaia levar a cabo nunha provincia galega
 
Inscrición dunha empresa
 
 Para inscribir unha empresa deberá empregar un certificado dixital válido.
 
 A primeira vez que acceda ao REA deberá rexistrarse coma usuario da aplicación (empregando un certificado dixital). Unha vez completado o formulario de rexistro xa poderá proceder coa inscrición.
Solicitude e descarga de certificados de inscrición
 
 Calquera persoa física pode solicitar e descargar certificacións sobre as inscricións rexistrais existentes en calquera rexistro autonómico relativos a calquera empresa contratista ou subcontratista inscrita no rexistro. A persoa que fai a solicitude precisa dun certificado dixital válido. Solicitar certificado de inscrición
Comprobar a validez dun certificado de inscrición
 
 Calquera pode comprobar a validez dun certificado de inscrición no REA, só se precisa coñecer o número de localizador que aparece na parte inferior do impreso do certificado. Consulta de certificados emitidos
  
Consultar si unha empresa está inscrita
 
 Calquera pode comprobar se unha empresa está inscrita no REA. Consulta de empresas acreditadas 
Habilitación dos libros de subcontratación
A habilitación pola autoridade laboral correspondente ao territorio no que se execute unha obra civil ou de construción, pública ou privada, dos libros de subcontratación.
Cada  contratista nunha obra, con carácter previo á subcontratación cun   subcontratista ou traballador autónomo de parte da obra que teña   contratada, deberá obter un libro de subcontratación habilitado que se   axuste ao modelo establecido na normativa.
 
 A habilitación consistirá na verificación de que o libro reúne os requisitos establecidos na normativa.
 
 No caso de que o contratista necesite a habilitación dun segundo libro   para unha mesma obra deberá presentar á autoridade laboral o libro   anterior para xustificar o esgotamento das súas follas ou o seu   deterioro.
 
 No caso en que fose requirida a achega do libro para   un proceso xudicial, solicitarase á autoridade laboral a habilitación   dunha copia legalizada deste, con carácter previo á remisión do  orixinal  ao órgano xudicial.
 
 En caso de perda ou destrución do  libro  anterior ou outra circunstancia semellante, tal feito se  xustificará  mediante declaración escrita do empresario ou do seu  representante legal  da non presentación e probas das que dispoña,  facéndose constar a devandita circunstancia na dilixencia de habilitación,  posteriormente o  contratista reproducirá no novo libro as anotacións  efectuadas no  anterior.
 
 
 Beneficiarios/as
•     Empresas,  españolas ou estranxeiras, inscritas no REA como  contratistas, que teñan  capacidade para subcontratar e que vaian a  facelo nunha obra civil ou  de construción.
 
 
 NORMATIVA 
ESTATAL:
- Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción. (BOE n.º 250, do 19.10.2006)
-    Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006. (BOE n.º 204, do 25.08.2007) 
 
 AUTONÓMICA:
- Resolución do 31 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de Relacións Laborais pola que se comunica os lugares de habilitación e se dá publicidade á versión bilingüe do libro de subcontratación regulado no Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción (DOG n.º. 220, do 14.11.2007 – CE – DOG n.º 226, do 22.11.2007)
-    Resolución do 8 de febreiro de 2008, da Dirección   Xeral de Relacións Laborais, complementaria da do 31 de outubro de   2007, pola que se comunican os lugares de habilitación e se dá   publicidade á versión bilingüe do libro de subcontratación regulado no   Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei   32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da   construción (DOG n.º 36, do 20.02.2008)
 
 DOCUMENTACIÓN 
Deberán adquirir os libros de subcontratación coas características establecidas na normativa vixente.
 A habilitación poderán facela de xeito presencial ou enviar o/s  libro/s  por correo co modelo de escrito que aparece en solicitude,   exclusivamente, ante a xefatura territorial correspondente segundo a   provincia onde estea situada a obra.
 Máis información:
LEI REGULADORA DA SUBCONTRATACIÓN NO SECTOR DA CONSTRUCIÓN
A Lei da Subcontratación
O 19 de abril de 2007 entra en vigor a Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación.
- Lei da subcontratación no Sector da Construción
- Desenvolvemento da Lei 32/2006, reguladora da subcontratación no Sector da Construción
- CE Real Decreto 1109/2007
Nos seguintes documentos encontrará información resumida sobre os aspectos máis salientables da Lei, e aclaracións sobre as obrigas esixidas pola Lei e o momento no que son esixibles.
O libro de Subcontratación
SOLICITUDE
-    Modelo de solicitude
  
 ONDE ACUDIR 
Dirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral
Teléfono: 981 545 734
Normativa
- Lei da subcontratación no Sector da Construción
- Desenvolvemento da Lei 32/2006, reguladora da subcontratación no Sector da Construción
- Lugares de habilitación e versión bilingüe do libro de subcontratación no sector da construción (Corrección de error)
- Modificación da resolución que regula os lugares de habilitación e versión bilingüe do libro de subcontratación no sector da construción