Rexistro público de empresas sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais

Compártao :

Compartir

Unha vez que adquiriron firmeza as sancións impostas ás empresas que se relacionan pola comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais, procédese á súa inscrición no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais, de conformidade co disposto no artigo 4.3 da Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008 (DOG nº 152, do 7 de agosto).