Convocatoria de probas de competencias clave 2026

20ª convocatoria de competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais nivel 2 e 3 de cualificación

Resolución do 12 de decembro de 2025 - DOG do 14 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2026

Modelo de solicitude: TR306A - Probas de competencias clave  

Resolución composición das Comisións de Avaliación 2026

Resultados definitivos das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados provisionais dos niveis 2 e 3

 

ver máis

 

  PROBA ADICIONAL OUTUBRO 2026


Resolución do 17 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se acorda a realización da proba adicional prevista no artigo 15 da Resolución do 12 de decembro de 2025, pola que se convocan as probas de competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais dos niveis 2 e 3 de cualificación e se aproba a relación provisional das persoas admitidas. 

Prazo e forma de solicitar a participación: ata o 1 de setembro de 2026 enviando un correo electrónico a acreditacionsprofesionais.emprego@xunta.gal, indicando o número de documento de identidade (DNI, NIE ou pasaporte), nome e apelidos e teléfono de contacto.

Quen pode solicitar participar? Todas aquelas persoas que participasen nas probas realizadas o 16 de maio en Silleda e ás que lles quedase pendente de superar todas ou algunha das competencias clave ás que se presentaron. 
      
Data de realización: 10 de outubro de 2026
      
Lugar de realización: Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela (R/ Airas Nunes s/n, Conxo)
      
Horarios de realización da proba: publicaranse proximamente nesta páxina web.

 

Aviso importante: a través desta páxina web irase actualizando a información  que sexa necesaria. 

 

Máis información

Teléfonos: 981 546 858/ 981 546 843 / 981 546 845 / 981 546 854

Documentos relacionados