Convocatoria de probas de competencias clave 2026

20ª convocatoria de competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais nivel 2 e 3 de cualificación

Resolución do 12 de decembro de 2025 - DOG do 14 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2026

Modelo de solicitude: TR306A - Probas de competencias clave  

Resolución do 27 de marzo de 2026, da Dirección Xeral Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais dos niveis 2 e 3 de cualificación.

Resolución composición das Comisións de Avaliación 2026

Resultados provisionais das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados provisionais dos niveis 2 e 3

Prazo de presentación de reclamacións: 4 días hábiles, do 15 ao 18 de xuño de 2026.
Para presentar reclamación pode empregar este Modelo de folla de reclamación 

 


PROBA ADICIONAL OUTUBRO 2026

Prazo e forma de solicitar a participación: ata o 1 de setembro de 2026 enviando un correo electrónico a acreditacionsprofesionais.emprego@xunta.gal, indicando o número de documento de identidade (DNI, NIE ou pasaporte), nome e apelidos e teléfono de contacto.

Quen pode solicitar participar? Todas aquelas persoas que participasen nas probas realizadas o 16 de maio en Silleda e ás que lles quedase pendente de superar todas ou algunha das competencias clave ás que se presentaron.

Data de realización: na primeira quincena do mes de outubro.
A data concreta de realización así como o lugar de realización desta proba adicional publicaranse nesta páxina web na segunda quincena de setembro.


Calendario previsto

Fases Datas

Realización da proba

Sábado, 16 de maio de 2026

Realización da proba

Aproximadamente un (1) mes desde a realización das probas. Os resultados provisionais serán publicados na web da Consellería 

Presentación de reclamacións

Catro (4) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados provisionais

Publicación dos resultados definitivos das probas

Unha (1) semana logo do remate do prazo de presentación de reclamacións

Envío de correo electrónico solicitando participar na proba adicional

Desde a publicación dos resultados definitivos ata o un (1) de setembro

Realización da proba adicional

Previsiblemente na primeira (1ª) quincena de outubro

 

Aviso importante: a través desta páxina web irase actualizando a información  que sexa necesaria. 

 

Máis información

Teléfonos: 981 546 858/ 981 546 843 / 981 546 845 / 981 546 854

Documentos relacionados