Solicitude, anexos e documentación complementaria
Presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Esta obrigación de presentación electrónica mantense durante toda a tramitación do expediente.
Documentación complementaria
Modelo de solicitude procedemento TR302D (anexo I) cuberto ao que deberán achegar a seguinte documentación:
- Anexo II: Memoria do proxecto formativo
- Anexo III: Ficha de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas
- Anexo IV: Declaración da condición de PEME: mediana, pequena empresa ou microempresa, de ser o caso.
- * A efectos de calcular a porcentaxe de intensidade máxima (50, 60 ou 70%) do gasto subvencionable, en función do tamaño da empresa.
- * Deberán cubrir este Anexo IV todas as entidades solicitantes, independentemente de se son empresas ou autónomos.
- * Non é necesario que o cubran as grandes empresas, ás que se lle aplicará a intensidade do 50%.
- Anexos IV-A e IV-A.1, soamente no caso de PEMEs que sexan empresas asociadas (Definición Artigo 3.5).
- Anexos IV-B e IV-B.1 soamente no caso de PEMEs que sexan empresas vinculadas (Definición Artigo 3.4).
- Cando se actúe mediante representación documento público acreditativo do poder co que actúa a persoa representante da entidade solicitante (escrituras, poder bastanteado, entre outros)
- Documentación xustificativa da constitución da empresa, segundo corresponda:
- No caso das entidades que estean obrigadas á inscrición no Rexistro Mercantil ou en calquera outro rexistro público, nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, na que se especifique a data de constitución, o obxecto social, sede social e clasificación CNAE.
- No suposto de que sexan empresas que non están obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou en calquera outro rexistro público ou que non teñan o domicilio social en Galicia, documentación acreditativa da constitución (escrituras e as súas modificacións), na que se especifique a data en que se produciu esta.
- No caso de persoas traballadoras autónomas, informe de vida laboral actualizado.
- Documentación xustificativa do último exercicio fiscal pechado, segundo corresponda pola forma xurídica da entidade solicitante:
- Modelo 200 - Imposto de sociedades
- Modelo 100 - Imposto da renda das persoas físicas
- Modelo 184 - Declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas
- Informe de traballadores/as en alta (ITA) emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social á data de solicitude da axuda.
- Informe de cadro de persoal medio anual emitido pola Tesourería Xeral Seguridade Social, do ultimo exercicio fiscal pechado.