A.- Previo ao inicio das accións formativas
Comunicación dos datos xerais e calendario do curso, con polo menos 7 días naturais de antelación ao inicio de cada acción formativa.
Para esta comunicación as entidades beneficiarias poderán empregar o Modelo de Comunicación Previa Inicio Formación.
B.- Durante a realización das accións formativas
As entidades beneficiarias quedan obrigadas a dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que se deriven da execución (artigo 35). En particular, en todos os materiais de comunicación, como produtos impresos ou dixitais, sitios web e as súas versións móbiles, etc., destinados ao público ou ás persoas participantes, deberán figurar de maneira destacada, ademais do logotipo corporativo da Xunta de Galicia, o emblema da Unión Europea, xunto cunha declaración de ‘Cofinanciado pola Europea’ e co novo logotipo de Fondos Europeos.
Estes logotipos poden ser descargados na páxina web dos Fondos Estruturais de Galicia, así como nesta páxina do portal da Xunta de Galicia.
As entidades beneficiarias, en particular, deberán:
a) Nos lugares de realización da actuación informara do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación nun lugar ben visible para o público. Modelo de Cartel FSE+
b) Farase unha breve descrición da actuación na páxina web e nas contas nos medios sociais, no caso de dispoñer delas, mencionando os obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea. Exemplos de Modelo de páxina web e RRSS
c) En todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da actuación, destinados ao público ou ás persoas participantes, proporcionarase unha declaración que saliente a axuda da Unión Europea de xeito visible. Modelo Documentos FSE+
Por outra banda, as entidades beneficiarias destas axudas quedan obrigadas a facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade, que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e de resultados inmediatos e a longo prazo (artigo 34.5).
Para estes efectos, facilitarase á entidade beneficiaria o acceso á aplicación Participa2127 e os oportunos cuestionarios. As entidades beneficiarias deberán introducir os datos dos indicadores de realización e de resultados das persoas participantes na aplicación informática Participa 2127.
C.- Para pagamento anticipado:
Modelo de solicitude de pagamento anticipado
D.- Para xustificación final da subvención e liquidación.
- Modelo de solicitude de pagamento final
- Modelo de memoria de actuación xustificativa
- Modelo de memoria económica-xustificativa
- Modelo de actas de asistencia de todas as accións formativas, que deberán estar firmadas polo alumnado á entrada e á saída da acción formativa e pola persoa representante da entidade, mediante as que quedará constancia do control diario da asistencia.
- No caso de facer uso do aula virtual, comprobarase ademais o rexistro de conexións do alumnado na plataforma do Campus Virtual de Formación para o Emprego correspondentes aos días da acción formativa.
- Informe de vida laboral do código ou códigos de cotización correspondente á persoa ou entidade beneficiaria, desde cando menos o día anterior ao inicio da primeira das accións formativas que teña realizado ao abeiro da presente convocatoria e ata a data de xustificación.
- No caso de que a impartición da formación se efectúe a través da subcontratación con outra entidade, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas para os contratos menores (15.000 €), memoria xustificativa da elección entre as tres ofertas presentadas cando a elección non recaia na proposición económica máis vantaxosa.
- No caso de opoñerse á consulta por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ou no suposto de non prestar consentimento ao que se refire o artigo 19 da orde de convocatoria, certificado de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias e coa seguridade social, e que non teñen pendente de pago ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, e de que están ao día no pago das obrigacións por reintegro.
- Outra documentación xustificativa ou informes, que de acordo coa normativa autonómica, nacional ou europea, resulten esixibles.
- En caso de asistencia a xornadas, feiras etc, vinculadas coa temática obxecto da formación:
- Documentación xustificativa das probas de avaliación realizadas
- Documentación xustificativa das acreditacións entregadas
- Modelo de acreditación de participación nas accións formativas
- Documentación xustificativa de ter cubertos os cuestionarios de indicadores de realización e, de selo caso, tamén dos de resultados (artigo34.5), a través da aplicación web Participa 2127, para o que pode presentar a folla de cálculo que se pode xerar e exportar dende esta aplicación.
- Outra documentación xustificativa ou informes.